'Tres' abre o festival de danza Catropezas en Vigo

Xornal.com 10/11/2009 - 11:53 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

A sala viguesa Teatro Ensalle abre a cuarta edición do festival de danza Catropezas’09 coa estrea de Tres, unha obra realizada pola súa compañía residente, Pisando ovos, que se representara hoxe, mañá e o domingo. A peza está protagonizada por tres bailarinas que puxeron o listón da danza contemporánea galega ben visible en todo o Estado e gran parte do continente, así como en Suramérica. Son Rut Balbís (Ourense), Janet Novás (Porriño) e Andrea Quintana (A Coruña), que representan en gran medida o potencial da danza contemporánea en Galicia. O trío únese nun traballo caracterizado pola marcada personalidade dos seus intérpretes, onde o seu sexo –non o seu xénero– é o eixe en torno ao que desenvolverán o seu enorme vendaval de expresión corporal e movemento.

O festival segue adiante co financiamento do Concello de Vigo e do Ministerio de Cultura, a pesar de que a Xunta lle retirou unha axuda de 8.000 euros que si lle concedera en anteriores edicións, segundo informaron os responsables de Teatro Ensalle o pasado mércores. Francisco López Rodríguez, o director xeral de Promoción Cultural do goberno autonómico, estivo invitado á rolda de prensa de presentación do festival ata o último momento, pero finalmente os organizadores non conseguiron chegar a un acordo para recuperar a subvención.

Catropezas’09 prolongarase ata o día 29 de novembro, con trece representacións e un curso de danza intensivo impartido por Carmen Werner. A vindeira fin de semana, a compañía vasca Matxalén estreará en Galicia Sast!, e a partir do día 18 celebrarase o ciclo de actuacións individuais Seis Cordas, o núcleo do festival. O peché será 4º piso sen ascensor, de Provisional Danza.

Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.