Cultura quere dotar o CGAC de entidade xurídica para gañar eficiencia

Xornal.com 21/11/2009 - 14:06 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

A Consellería de Cultura presentou onte no Consello da Xunta o informe sobre a dotación de personalidade xurídica propia ao Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), co obxectivo de lograr unha “maior eficiencia e eficacia” na súa xestión.

Segundo afirmou a Xunta, a modificación da natureza xurídica do centro pretende “flexibilizar as súas posibilidades de actuación” de cara a “fomentar a investigación científica, mellorar o servizo aos visitantes e incrementar os recursos financeiros propios”. Segundo o informe, dotar o CGAC de personalidade xurídica propia daralle “maior axilidade” para “adecuarse ás distintas circunstancias e ás necesidades dos visitantes” e ofrecer “un servizo de calidade”.

Do mesmo xeito, obrigará os representantes do centro a unha “implicación máis esixente na súa xestión económica e administrativa”, implantando un sistema de avaliación de resultados a partir da definición de obxectivos estratéxicos, formalización anual de acordos ou contratos e desenvolvemento de indicadores “sinxelos e de doado manexo”.

 

XERADOR DE 'MERCHANDISING'

Para Cultura, o CGAC debe funcionar como “núcleo xerador de actividade económica” a través de fórmulas como “a busca de patrocinadores ou unha diversa oferta comercial de produtos”.

Así, a nova configuración servirá para “dinamizar a obtención de fontes alleas de financiamento” e “dinamizar os propios recursos”, como a cafetaría e o merchandising. Ademais, establece a necesidade dunha “reformulación xeral de todas as facetas que rodean a vida dos museos” ante “o crecente interese polas manifestacións culturais”.

Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.