O espazo e a cidade centran a estrea da sala Factoría

Chiu Longina e Oliver Laxe tratan o simbolismo no laboratorio urbano que desenvolve o centro
ALBERTO RAMOS 13/12/2009 - 01:17 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

A Factoría Compostela inaugurouse o pasado venres na rúa da Conga da capital galega e onte comezou a súa actividade co seu primeiro UrbanLab, iniciativa que procura analizar a concepción colectiva do espazo urbano. A primeira xornada deste encontro estivo centrada polas visións da cidade que teñen, por unha banda, o cineasta afincado na cidade de Tánxer Oliver Laxe e, pola outra, o musicólogo, antropólogo e artista sonoro Chiu Longina.

Estas xornadas foron presentadas pola directora do centro, Concha Fontenla, e polo alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Antonio Sánchez Bugallo. No acto realizouse unha declaración de intencións da Factoría Compostela, que procurará ser un centro dinamizador da cultura dun Santiago que, quizais, non está a dar todo o que podería brindarlles aos seus habitantes. “Este proxecto ten un compromiso cos cidadáns, un compromiso de se converter nun espazo de loita e acción, de activismo cultural”, sinalou Concha Fontenla.

A intención de ser un novo centro de actuación da cidade quedou enriba da mesa coas palabras de Fontenla. O proxecto quere encher un baleiro, levar a cabo accións que non están presentes na capital galega. Ir máis aló é o destino desta galería que ve que a capital pode ser mellor do que é. “Compostela ten máis fondo do que vemos e debe actuar con moita máis forza porque estamos nunha cidade que cada vez palpita dun xeito moito máis lento, que se apaga cada día”, lamentou Fontenla diante do rexedor compostelán.

“No estado propio do artista, da persoa de cultura, está ser rebelde e crítico e aquí tedes as dúas cousas”, replicou Bugallo despois da intervención de Concha Fontenla.

Para solucionar as eivas que Factoría Compostela advirte en Santiago, o centro realizará diversas actividades como este primeiro UrbanLab que, na xornada de onte, se centrou na simboloxía que se respira e que se adiviña en toda cidade. “Somos eco dunha sociedade e somos conscientes de que a poética é a linguaxe das linguaxes e o meu proxecto procura converter a cidade nunha metrópole, nun escenario grego no que o suxeito é o protagonista”, sinalou Oliver Laxe. O seu traballo de estudo sobre a urbe culminarase coa rodaxe dunha película que producirá en parte a Factoría Compostela. “É o último que pensei que faría”, confesou entre risas Concha Fontenla.

Este primeiro UrbanLab trata tres temas xenéricos. O primeiro fórmano a cidade e a simboloxía, que se trataron onte da man de Laxe e de Longina. O segundo será a sustentabilidade creativa e por último a identidade cultural e a globalización. Eses serán os temas estrela deste laboratorio. E todo tratado coa máxima desta Factoría Compostela: pensar en global e actuar en local.

Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.