A Sinfónica pecha na Coruña o Ano Gaos

REDACCIÓN 13/12/2009 - 01:18 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

A Orquestra Sinfónica de Galicia e o seu titular, Víctor Pablo Pérez, pecharán o mércores na Coruña o Ano Gaos coa interpretación da súa emblemática Impresión nocturna e o poema sinfónico Granada, nun concerto extraordinario patrocinado pola Deputación provincial.

Con este concerto, que terá lugar no Pazo da Ópera da Coruña ás 20.30 horas, a orquestra galega culmina os actos conmemorativos do cincuenta aniversario do falecemento do compositor coruñés, e que incluíron a estrea da ópera Amor vedado, así como a interpretación e gravación de boa parte da súa obra sinfónica.

A Impresión nocturna, unha peza escrita para orquestra de cordas, converteuse na obra máis interpretada pola OSG en toda a súa historia, con case 30 audicións repartidas entre cidades como A Coruña, Santiago, Ferrol, Vigo, León, Oviedo, Cádiz, Madrid, Lisboa, Bos Aires, São Paulo, Rosario, Punta do Leste, Tarrasa e outras.

O programa do mércores estará precedido pola interpretación da Romanza para viola e orquestra de Max Bruch e o Concerto para violín, de Robert Schumann, dúas obras con solista para as que se contará coa presenza de Julian Rachlin, quen acompañará a OSG e a Víctor Pablo na xira de concertos por Alemaña e Austria que dará comezo a finais desta mesma semana e na que figura un concerto na histórica Musikverein de Viena.

Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.