Lupe Prado: “Dobregar será o último que faga en vida”

“Os gandeiros somos os escravos do século XXI, estamos chantaxeados polas distribuidoras”
Ana Camiño Actualizado 15/12/2009 - 19:05 h.
2 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 6 voto/s

Esta muller xa é famosa en Galicia. En plenas protestas polo prezo do leite, ás portas da Xunta, farta de debates sen moito camiño por diante e de medias tintas, colleu o megáfono e subiu a un tractor a falar, alto e claro, sobre as condicións que teñen que sufrir os gandeiros galegos. Os “escravos do século XXI”, como ela mesma se define.

Lupe Prado, aos seus 40 anos, ten a cabeza chea de números estes días. Conta, céntimo a céntimo –ata os 24,30 aos que vendeu o litro de leite no último mes– o diñeiro que precisa para pasar decembro. Cada día será un día máis sen pechar a explotación, unha SAT, que formou hai cinco anos xunto ao seu marido e outro matrimonio mozo da Terra Chá.

Por entón, as cousas ían ben e o prezo do leite cubría os custes. “Para poder formar a SAT obrigáronnos a mercar cuota e fixémolo porque eramos novos e arriscamos pedindo créditos”, explica. Polo camiño, en 2007, cando todo ía ben aínda, investiron de novo, “unha importante cantidade”, na reforma e novas instalacións da granxa, onde agora mesmo se crían unhas 200 vacas.

Dous anos depois, Lupe non pode máis. “Esgotamos o aval que tiñamos, debemos moitos cartos e non é que non gañemos ou que gañemos menos, é que perdemos diñeiro todos os días”. As contas de Lupe son sinxelas: venden cada litro a 24 céntimos cando o custe de producción, sen beneficio, ascende a 34. “Son xa moitos meses aguantando unha situación insostible –lamenta– non sei canto tempo imos aguantar”.

 

“MORTE EN VIDA”

Detrás dos números que fai Lupe hai, coma sempre, un drama moito maior. Teñen nomes e apelidos. Lupe, o seu home, os dous nenos que balbordan detrás da voz desta muller que solta verdades como mísiles... viven agora dos poucos aforros que tiñan. “Xa se esgotaron –di Lupe– agora chega o momento de tomar decisións”.

Entre as ideas que lle rondan pola cabeza, a de pechar a explotación toma cada día máis forza. “Porque é a única saída que vexo”, di. Se quen resiste, gaña, Lupe xa tería gañado. Xa resistiu abondo. E seguirao facendo. “Antes de rendirme, que me exterminen”, espeta sen temblarlle a voz. Pero a esta muller de ferro, curtida en moitas batallas gandeiras e da propia vida, ten un punto débil ante o que se volve pequecha. Pensa en pechar e entristece, pero cando pensa en que lle expropien o que ten precisa respirar uns segundos. “Se me quitan as terras dos meus pais e dos meus sogros”, sobre as que se asenta a granxa, “mato en vida á miña familia”. A voz québrase por segundos nun día que, por cousas tamén de familia, non foi fácil para Lupe. A pluma de quen escribe tamén precisou dunha pausa.

“Non quero pechar, claro que non, coa explotación pecharía tamén unha maneira de entender a vida”, conclúe esta gandeira.

 

“MOI ORGULLOSA”

Lupe toma folgos e resurxe como o mellor final imaxinable para unha novela. Como a mellor interpretación do Nessun Dorma. “Estou moi orgullosa de ser labrega”, di de repente. Non dubida e repíteo unha vez tras outra. Estou moi orgullosa de ser labrega.

“Non calei nunca nin vou calar porque, aínda que eu peche, a situación dos gandeiros é tremenda”. A explotación de Lupe cobra o leite a un precio, que por irrisorio que pareza, non é o máis baixo que se pode atopar entre os gandeiros galegos.

A política non lle gusta a Lupe, ou gústalle tan pouco como as multinacionais. Séntese estafada pola clase política que, según denuncia, “non lle dá importancia ningunha ao rural”. Ela non pide nada aos políticos. Esíxelles. Esixe gobernantes “cultos e competentes” que lle den un empuxón “de vida ou morte” ao seu sector, o lácteo.

“Sen o seu compromiso non conseguiremos nunca crear unha cultura en Galicia de valorar os productos que producimos, e que custan un diñeiro”, explica. Lupe non anda con rodeos e fala claro: “Os gobernos están servindo ás empresas que nos están quitando o sangue aos gandeiros”.

Das empresas distribuidoras non quere nin oír falar. Para ela, son só “chantaxistas” que ameazan, literalmente, según conta, con deixar de recollerles o leite aos gandeiros que, como ela, piden un precio “digno” para o produto.

“Nunha reunión con distribuidoras, un impresentable dunha multinacional díxome que ou vendía ao prezo que el daba, ou tragaba o leite. Iso non se ve hoxe en ningún sitio”, relata.

Séntese, pois, traizoada por dous piares do sistema. Os políticos e os empresarios, aos que di, “serve”. “Están xerando unha manchea de ignorantes, senón non me explico que non esteamos todos na rúa esixindo reponsabilidades a quen, en teoría, debe ter a máxima porque é quen toma decisións”.

 

“NON VOU DOBREGAR”

Lupe deíxanos tras unha longa conversa, con risas e con algún momento tremendo, porque debe atender a granxa. Non ten máis remedio. Tenta resistir para comprobar se é certo, de novo, que quen resiste, gaña. Non sabe canto aguantará, teme que pouco, nesta situación. Dámoslle forza e Lupe volve resurxir. “Antes de pechar vou dar moita guerra, eu non penso quedar calada porque son gandeira e teño moita forza da xente que me chama, que me apoia e que se identifica co meu problema”, di antes de avisar: “Berrarei alí onde poida”. “Non vou dobregar mentres me quede vida. Dobregar, o último”. Cando escoiten berrar a Lupe, párense, denlle uns minutos. Merece a pena. E escoitarana axiña, non pensa dobregar tan fácil. Forza, Lupe.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Cambiar de modelo e de produccion
Lobo
2009-12-13 19:26:55
Dende ben anos(1972)que veño colaborando unhas veces mais e outras menos,co movimento nacionalista no agro,e sigo de preto o que acontece nel, cheguei a unha sinxela conclusion, todo o que lles pasa tanto a gandeiros como labregos é unica e exclusivamente CULPA DE ELES, nin os sindicatos nin os POLITICOS,, teñen pouco ou nada que ver ca sua miopia mental e por conseguinte social e politicamente, e non sera por non terselles ben explicado por activa e pasiva, e que nas suas duras cacholas non acaban de penetrar as NOVAS, ideas, converian que se deran unha voltiña pola Francia e outros paises e que ollen como se traballan neles, con metodos efecientes e eficaces, pero non hai mais CEGO, que o que non quere ver, e asi andaremos,de derrota en derrota, hasta o esfarelamento, esto é un caso perdido tanto economica,social e politicamente, que lles aproveite o leite.
2
Distribución directa XA!
Mourente
2009-12-13 15:28:05
Lupe, xa non somos poucos os consumidores galegos comprometidos, dúas cuestións, o rural vota masivamente a quen lles dá por detrás, hai que cambiar iso. Por outro lado, hai que aplicar xa experiencias positivas como se fai en Navarra ou Cataluña: distribución directa, mandade aos carrefures, alcampos, gadisas etc etc ao carallo, puntos de distribución directa xa en vilas, cidades e barrios, con envase levado polo consumidor, co casco retornábel, cooperativismo! THINK GLOBALLY, ACT LOCALLY!!

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.