A Deputación de Ourense edita un libro sobre a gaita en catro linguas, pero ningunha é o galego

Xosé Luis Foxo: “Distribúese internacionalmente e fala da gaita en toda Europa, non ten sentido que saia en galego”
Xornal.com 26/01/2010 - 00:59 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
16 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 18 voto/s

A Deputación de Ourense publicou, no verán pasado, un libro sobre a historia e as formas da gaita ao longo do mundo no que o texto aparece en alemán, castelán, inglés e francés, pero non en galego, segundo denunciou a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG). Para Xoán Manuel Tubío, membro da directiva da AGG, La gaita. Imágenes para la historia de un instrumento popular europeo, obra do alemán Fritz Schneider, editado pola Escola Provincial de Gaitas, é un “traballo excelente, con iconografías de gran valor, pero non se pode entender que marxine a nosa lingua”.

Xosé Luís Foxo, director da escola ourensá e responsable directo desta publicación, responde que lle tería gustado “editalo en galego, pero non tería sentido, porque é un libro que se está a distribuír en toda Europa, e o propio autor quixo que estivese nas catro linguas máis faladas do continente”. Engade, tamén, que recolle gaitas de máis de cen países europeos, “entre as que se menciona a gaita galega, si, pero tamén a serbia, e non por iso vai en serbio”.

Pola súa banda, Tubío expón varios motivos polos que a obra si que debería estar en galego. Primeiro, porque “está pagada cos impostos dos ourensáns”. Segundo, “porque o contrario supón disociar a nosa lingua da súa cultura tradicional, no que semella un novo avance máis na ofensiva que está a liderar o PP dende que regresou á Xunta”. E terceiro, “porque xa feito o esforzo de sacalo en catro linguas, non se entende que molestia lles supuña unha máis”. Na súa defensa, Foxo asegura que xa foi moi complicado a nivel de maquetación encaixar nas páxinas catro versións do texto, unha en cada lingua. “Non era posible introducir un quinto e, que iamos facer, prescindir do castelán?”, argumenta.

Engade ademais, que “non ten problema en publicar as cousas en galego”, e que o propio Fritz Schneider ten contribuído con varios textos ao Anuario da Gaita da Escola Provincial de Ourense, “que sempre apareceron traducidos ao galego”. Pero, neste caso, insiste en que non era procedente incluír a lingua propia do país.

Dende o BNG de Ourense, Xosé Manuel Fírvida lamenta que “a Deputación abandonase a actitude impecable cara ao galego que mantiña ata o de agora, e se deixase influenciar polas políticas hostís da Xunta”, e asegura que a súa formación interrogará a insitutición provincial sobre os seus motivos no vindeiro pleno, o día 29 de xaneiro.

Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
renegados PPEROS-ANTIGALEGOS
CARMEN GARCIA
2010-01-23 23:14:45
iso è ò que fan cos nosos cartos.hai que denuncialo.logo veñan dicir que o castelàn,està extinxido. vergoña me dà,è tamen medo,destos galegos de prò. a ver si os que lles votan aprenden pras proximas elecions è lles dan nas narices,è os manda a suas casas.
2
Un airiño
josedetressitios
2010-01-22 01:05:12
É triste que con cartos dos galegos se lles pague a parvos, paletos ( entendendo como paleto o que pensa que o de fora e sempre o mellor ), e a xente que lle falta un fervor, ou que lle dou un airiño. Foxiño, eres un pailaroco; vai mirar obrar por ahí, xubilate, e deixa que traballen e investigue xente nova. Veña foxiño, hai que ir morrendo, e que che poñan unha esquela en " La Voz de Galicia " y te toquen unha peza con gaita escocesa, e que te enterre un cura falando castelan con acento de cañita brava. Vaia pais ,¿ por que son tan importantes esa xente que ten un airiño ?
3
FOXO, CAGACHELA¡¡¡
ITO CASTRO
2010-01-21 23:20:44
ELOGO QUE SINAL DE IDENTIDADE MAIS DA GALIZA QUE A GAITA E O GALEGO...E A DEPUTACION DE OURENSE PENSA QUE PRA OS GAITEIROS GALEGOS NON PAGA A PENA GASTAR UNHOS CARTIÑOS?
4
Que o escreva em galego-português
José
2010-01-21 20:43:09
... e o distribua por Europa e pelo mundo adiante! Parvo complexado.
5
Ideas de bombeiro
Leiro
2010-01-21 16:21:01
Que se dedique a bombeiro (co meu respecto ao gremio). Con este tipo de concepción do noso, da nosa cultura, da validez da nosa lingua e do seu prestixio, só podo dicir que este home toca outro tipo de gaitas. Saberás moito de gaitas, mais acabas de demostrar que es un ignorante.
6
Europeo
xhenrique G O
2010-01-21 15:47:09
Estes nacionalistas mesetarios aínda non se enteraron que en Europa o español non existe, simplemente non existe
7
O Galego tamén é UNIVERSAL
Galicia Caníbal
2010-01-21 15:27:48
Pensar que o Galego non lle pode interesar a ninguén máis cós Galegos non é ter amplitude de miras cando inda por riba nestas datas estanse a desenvolver unhas xornadas galego-irlandesas na Universidade de Cork -Eire-. Qué TÚZAROS!!
8
yasta bién
eu
2010-01-21 14:54:51
A ver coando aprendeis los gayiguistas q la gaita no és gayega, es celta o algo asi... así q porqué hai q editar el libro en ese idioma que solo ablan unos 2 millónes de personas, q además son la malloria tontos i ofuscados!
9
Non é necesario o galego no libro
Marcos
2010-01-21 11:33:43
En Galicia sabemos que a inmensa maioría dos libros deste señor son pura patraña, e éste sabe perfectamente que as súas tonterías teñen máis cabida fóra que aquí

1 |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.