Marc Parrot: “Coa Nova Cançó pedíase cantar a vida en catalán”

“As obras de Llach ou Serrat son parte da memoria do pobo”
A. RAMOS Actualizado 06/02/2010 - 16:51 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

Tempo pasou xa daquela época na que o cantante Marc Parrot se camuflaba baixo o nome artístico El Chaval de la Peca. Con esa personalidade, Parrot conseguiu a fama en todo o estado, pero a súa traxectoria comezara antes. En 17 anos de carreira, Parrot presentou seis discos e participou noutros proxectos musicais. Agora embárcase na difícil tarefa de render tributo á Nova Cançó no seu cincuenta aniversario cun espectáculo no que reinventa clásicos como L’estac de Lluis Llach ou Paraules d’amor de Serrat. Marc Parrot chega esta fin de semana a Ourense e a Santiago con este espectáculo de homenaxe a unha inesquecible xeración de músicos cataláns.

 

Como encara a tarefa de versionar algúns dos himnos máis aclamados da Nova Cançó?

Como un reto que aceptei como un encargo moi apetitoso. Permíteme profundar na Nova Cançó, nas súas orixes, que non coñecía tanto como a Novísima Cançó. Para min representa un mergullarse nunha época como unha resposta a unha necesidade de cantar en catalán sobre o que acontecía naqueles complicados anos e que acabou entrocando nunha xeración tan importante de músicos. Coa Nova Cancó, pedíase cantar e contar a vida en catalán con todo o que estaba a pasar.

 

Como se ideou o espectáculo que agora vai coñecer o público galego?

O punto de partida é o respecto polas interpretacións orixinais, porque son cancións emblemáticas que forman parte da memoria dun pobo, non só do catalán, tamén de todos os pobos do Estado porque Serrat, Raimon ou Llach cantaron por toda España. Busco que as cancións se adapten ao meu estilo e procuro que todas elas convivan no escenario sen sobresaltos. Seleccionamos instrumentos como o piano, a guitarra e a percusión clásica e sempre buscando a máxima do “menos é máis” na procura da esencia.

 

O tempo maltratou os cantantes da Nova Cancó, que excepto Serrat ou Llach, acabaron diluídos?

A situación dos cantautores sufriu unha gran crise ao estar tan relacionada coa canción protesta. Nos oitenta quíxose pasar páxina cos cantautores, pero pouco e pouco recuperáronse, aínda que cunha canción máis intimista.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.