Xurxo Souto: “Internet é o medio perfecto se nos atrevemos a dotalo de contido”

Xurxo Souto reabre hoxe, por un día, o programa ‘Aberto por Reformas’ en Bueu
NOELA REY MÉNDEZ Actualizado 12/02/2010 - 15:31 h.
3 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 18 voto/s

Esta tarde, ás 20.00, o programa ‘Aberto por Reformas’, que conducía Xurxo Souto na Radio Galega, volve abrir as súas portas en Beluso (Bueu) para amosar toda a riqueza da música galega. O programa gravarase na Casa do Pobo para emitirse, posteriormente, a través da web Komunikando.et. O facho sonoro salta agora as barreiras dos novos medios.

 

Como está a vivir os momentos previos a esta reapertura?

Moi ilusionado, divertido e contento porque a chama do programa siga abrindo lumes en Beluso. É unha gran alegría.

 

Como xurdiu a idea?

Foi un convite que nos fixeron a min e a Vituco Neira os rapaces da Asociación Cultural Mozas e Mozos de Beluso. Propuxéronos abrir por uns momentos o Aberto por Reformas e alí fomos.

 

Entón, esta reapertura é puntual ou quérenlle dar unha continuidade?

É puntual. Cando fixeron o convite falaron deste día en concreto. O que si se intenta é ter a máxima difusión e por iso vai ser gravado o programa e despois emitido a través de Komunikando.et, o portal da música galega.

 

Como valora a existencia de estes novos formatos como a transmisión radiofónica a través de internet.

Son subversivos no sentido máis pleno da palabra. Danlle unha volta á realidade e rompen coa comunicación unívoca. Pasamos de que uns poucos medios nos debuxen esta realidade a que xurdan estas formas de comunicación de ti a ti. A música galega existía con plenitude dende hai moito tempo, pero afortunadamente, con programas como ‘Aberto por Reformas’ e tamén outros compañeiros, agromou. As relacións que se crearon con eses medios seguen vivas en lugares como Komunikando.

 

Cre que é o medio máis axeitado para romper coa monotonía mediática?

É un medio moi axeitado no sentido de que deixamos de ser espectadores converténdonos en protagonistas. É un medio moi interesante se nos atrevemos a dotalo de contidos, que é o que está a facer moita xente creativa da música galega, por exemplo, en Komunikando que é unha referencia absoluta.

 

É o camiño que debe seguir a música galega para facerse valer e facerse ver?

A música galega ten tódolos camiños. Cando calquera formato tradicional lle dá unha oportunidade ten presenza, chega á audiencia e triunfa. Cando soa na radio pública e privada ou aparece na televisión, ten unha resposta masiva. Temos como gran exemplo o Xabarín Club. A TVG fixo algo tan obvio como emitir videoclips de grupos cantando en galego e iso provocou un triunfo en toda unha xeración que medrou a través do programa. Hai que acudir a estes formatos que tamén achegan un plus de protagonismo e notoriedade.

 

Falando da CRTVG, como ve dende lonxe, a súa grella de programación?

Como antigo traballador, non quero ser moi crítico coa nova dinámica. En todo caso, por lei, a CRTVG foi creada para difundir a cultura galega en xeral e, nomeadamente, a música. Ese ten que ser o obxectivo central. Temos que preguntarnos se están a cumprir este obxectivo. Eu creo que non.

 

Pechou o seu último programa na Radio Galega desexando que tras de si chegaran outros compañeiros que mantivesen aberto ese facho sonoro. Cumpriuse o desexo?

Hai moitos compañeiros que están a facer programas moi interesantes, nomeadamente, Vituco Neira que desenvolve Planeta Furancho en Radio Galega Música. Pero, dende un punto de vista global, non están a ser esa referencia central, non teñen esa vocación. Nós tentámolo naquel momento. Amosouse que os contidos da música galega están aí, existen. O día que cheguei á radio dixéronme que non había música galega suficiente para encher unha hora de programa. O problema era o contrario: había demasiada música galega. Unha vez rachado ese tabú, debemos camiñar por ese vieiro e os medios deberían converterse na referencia deste movemento brutal, desta tsunami sonora.

 

Para rematar, unha cuña radiofónica para anunciar o programa.

Somos un pobo de artistas, hai un país, un territorio ao que chaman O Morrazo que está fervendo de músicas e a xente da terra ten dereito a coñecer tanta intensidade. Música tradicional, música punk, música elaborada en clave de jazz. Somos un pobo de artistas, botamos por fóra.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Tarde ou cedo voltará
Bruno
2010-02-06 20:02:13
Aberto por Reformas voltará sem dúvida nemhuma, e esperemos que volte a ser da mam de Xurxo. Este país produce tanta música na língua propria que nom vam poder manter o volumem no "0" muito tempo. Ánimo a Xurxo e a toda a equipa de Aberto.
2
QUE TEÑA CONTINUIDADE
xose m.G. Ramos
2010-02-06 16:35:29
Cando censuraron este programa, ademais nun momento en que (como outros cidadáns me suponho) recen redescubría con agradábel sorpresa unha nova RTVG de moita máis calidade, veu o primeiro barapao do que sen dúbida é o MAIOR TRAIDOR que xamais se viu ao fronte deste sufrido pobo. Refírome a un freixóoo en mal estado (a quen se non). Agora xurde esta bufarada de ar fresco para encher os pulmóns e a ánima, que tanto precisamos. A ver, si xurde quen con azos e cartos queira converter esta festa puntual en algo cotiá, permanente e aínda que sexa online, para goce de Galiza e todos nos. Meus máis sinceros parabéns aos promotores e ao fantástico profesional que é Xurxo Souto. Un que o bota en falta.
3
moito alento e peito
2010-02-06 11:05:11
Calquera cousa é boa para dar voz a tanta xente que quere facer música desde Galicia. Vergonza de polítiquiños que non só descoñecen e desprezan a nosa música senón que fan por enmudecela. Parvos miserábeis

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.