Domingo, 21 de marzo de 2010 - 14:11 h
Xosé Luis R. Pardo
Avogado
30-11-2009 00:37

A Galicia Exterior

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 6 voto/s

Hai pouco tempo que os medios de comunicación informáronnos de que a nova Xunta de Galicia ía privatizar o Hospital que existe no Centro Galego de Bos Aires, para acollemento gratuíto dos galegos aló residentes en caso de enfermidade.

De seguido da noticia, sen que houbera a menor explicación do Goberno Galego sobre do por que desa modificación dun dos grandes feitos do goberno galego cara á maior atención dos galegos que se atopan fóra da nosa terra, e moi especialmente na Arxentina, xa que non se pode esquecer que eles conforman o concepto de galeguidade e, polo tanto, un dos primeiros pasos a darmos, a respeito de lle outorgar a tal concepto unha sustantividade propia, é o de lles conceder todas as atencións, por parte do goberno galego, das que os galegos emigrantes teñen o mesmo dereito a mereceren que os demais galegos, xa que eles compoñen a Galicia Exterior.

Como é lóxico, a Galicia Exterior non constitúe un territorio senón, exclusivamente, o concepto de globalidade dos galegos que viven fóra de Galicia e que conforman unha comunidade específica xunguida antre si e constituínte da Galeguidade. Polo tanto, unha das obrigas do goberno galego, como así se fixo no seu día, é a de percurar que os galegos constituíntes desa galeguidade ou Galicia Exterior, sexan titulares dos mesmos dereitos fundamentais, e a vida é o máis fundamental dos dereitos, que teñen os galegos que vivan na Galicia.

O reducir, polo tanto, unhas obrigas de tanta importancia ao simple “non é solidario” pagarlles a atención sanitaria aos galegos do Centro Galego de Bos Aires “cos impostos de todos os galegos”, como dixo a Conselleira de Sanidade, é tanto como converter á emigración galega nuns arredados da patria galega e orfos, polo tanto, dos dereitos que, como tales galegos emigrantes, lles corresponden. Unha afirmación dese cariz debería ter en conta os impostos que eses galegos remesaron ás súas familias como emigrantes, e que permitiron a subsistencia de moitas aldeas galegas, ou os impostor que pagaron no país de acollida

Hai que levar adiante, dunha vez por todas, a Lei da Galeguidade que está á espera de seren tramitada e aprobada polo Parlamento de Galicia.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers