
Dende a intermedialidade e a cultura da desconfianza aos videoxogos e o busto de Letizia Ortiz, nada que teña que ver coa comunicación de masas lle é alleo a este catedrático da Autónoma de Barcelona, un dos máis sabios do Estado

SM publica na súa liña de adaptacións literarias El Monte de las Ánimas, segundo David Rubín, e Amadís de Gaula, segundo Emma Ríos

Xerais publica en galego A deleiba do mundo, un ensaio de Amin Maalouf que é ao tempo unha confirmación do desarranxo global do capitalismo e un canto á esperanza, a constatación emocionada de que outro rumbo é posíbel

John Thompson deita luz, nun ensaio necesario e clarificador, sobre a narrativa galega da memoria

O CGAI dedícalle un ciclo á directora francesa, afastada de todo elemento estandarizado

O arquivo da filmoteca galega garda algunhas pertenzas de Enrique Lister, o canteiro de Teo sobre o que a cineasta Margarita Ledo construíu o seu último filme. Fotografías, cascos, mapas e xornais amarelentos do Partido Comunista que condensan o miolo do chamado século curto
O conselleiro de Cultura non quere falar de recortes. Prefire, no seu lugar, falar de prioridades. Como se as prioridades non fosen a cerna dunha certa maneira de exercer a política

Terapia da ollada ou lectura política da paisaxe, a filmografía do norteamericano James Benning é unha das menos coñecidas e máis marxinais dentro da historia do cinema experimental

O vigués Domingo Villar recupera ao detective Leo Caldas na súa segunda novela, 'A praia dos afogados’, e Alberto Lema publica dúas novelas curtas reunidas en ‘Sidecar’. Editados en galego por Galaxia, ambos títulos aparecen simultaneamente en lingua española, o primeiro en Siruela e o segundo en Caballo de Troya

No 25 cabodano de Julio Cortázar lembramos a viaxe que o escritor arxentino e Aurora Bernárdez, a súa dona, fixeron á comarca do Val Miñor, nas Rías Baixas, a finais dos cincuenta.

No outono vindeiro cúmprense 25 anos da aparición de ‘La Naval’, a revista da movida coruñesa, a réplica do norte á ‘Tintimán’ dos vigueses, todo un icono da cultura da época, marco do atlantismo e un testemuño de que a sociedade civil coñeceu mellores momentos en Galicia

Os escritores homenaxean hoxe en Vilalba, a súa terra natal, a un dos autores en lingua galega máis vendidos e traducidos. Acabada de saír ‘Lúa do Senegal’, prepárase para recoller en Teruel o Premio Nacional de 2008

De Carvalho Calero a Lois Pereiro e de Fanny + Alexander a Alexandro González. A música galega máis moza porfía en ollar de vez en cando á poesía. Unhas veces contemporánea, outras veces canónica, por veces ambas as dúas cousas

A estrea no Festival de Cannes do último filme de Alain Resnais, 'Les Herbes Folles', coincide co cincuenta aniversario de 'Hiroshima mon amour'. O director, case nonaxenario, segue a renovar o cinema medio século despois daquel filme que o festival da Costa Azul retirara do cartel

O fillo menor da lenda da música africana Fela Kuti presenta esta noite no Pazo da Cultura de Pontevedra o seu primeiro traballo, ‘Many Things’. Unha mostra de talento precoz na que aparece respaldado pola banda do seu pai, Egypt 80, e recupera o seu ideario político