
O escritor, que vén de publicar 'Para seguir bailando' (Xerais), dá conta da súa viaxe a Fisterra coa mexicana Elena Poniatowska

Xerais publica ‘Zoommm’, un experimento que Estíbaliz Espinosa desenvolveu na súa bitácora en internet, na busca de novos modos de contar baseados na hipertextualidade

No Land State, un pequeno selo discográfico creado ao redor do estudio de Paco Loco en Cádiz polo produtor e varios músicos amigos, vén de editar o disco co que Muni Camón (Maddening Flames) volve á música despois de anos de retiro. Remate, un dos impulsores desta comunidade creativa, fíxolle un traxe á medida das cancións apaixoantes

O ensaísta Marc Ferro percorre a historia do resentimento dende o tempo dos primeiros cristiáns até o odio furibundo a Occidente de Al Qaeda

Na arte galega actual cada vez con máis frecuencia perséguese transgredir as férreas e patriarcais normas de xénero e de sexualidade. Son artistas que cuestionan os roles preestablecidos de home e de muller, rexeitando categorías e actitudes coercitivas


Cando o exército ruso liberou Auschwitz o mundo soubo dun dos maiores masacres cometidos polo home contra o home.

A investigadora Paloma Aguilar pon énfase das súas pescudas no centro do tema: como os políticos administraron a “memoria da represión” e como isto se reflicte na poboación. A publicación do autor británico Jason Webster é complementaria

O Festival de Cinema Asiático de Barcelona (BAFF) trae ao circuíto estatal a última colleita de Extremo Oriente: vangarda filipina, documentais creativos, thrillers surcoreanos ou melodramas de Bollywood

Coas subvencións, o audiovisual luso evita a obsesión polo mercado

Dälek e P.O.S. teñen unha forma de ver o xénero das rimas e os pinchadiscos na que as letras sobre bases de alma rock e o son de música industrial dan como resultado unha ensamblaxe a proba de bombas
O historiador Andrés Domínguez achéganos á implantación das prácticas deportivas en Galicia na segunda metade do século XIX e nas primeiras décadas do XX, un proceso que se decantaba en paralelo no resto dos países da Europa occidental

Formas distintas de imaxinar o poético, que comezan a ser alindadas polo campo cultural de Galiza, propoñen abordar a poesía como unha condición potencialmente inscrita nos comportamentos e nos acontecementos humanos. Esta concepción incide na idea da arte, da poesía neste caso, como un proceso por experimentar.