
O autor galego presentou no Cineclube de Compostela ‘París#1’, que o leva até a terra natal da nai, os Ancares.

A galería adhoc, de Vigo, presentou ‘Espectadores, turistas e paseantes’ a primeira exposición individual en España de Jasmina Cibic, unha nova artista eslovena que basea o seu traballo na ollada intranquila sobre os lugares e na re/construción dos procesos artísticos.

Os norteamericanos Earth actúan a vindeira semana na sala Passos Manuel de Oporto. Unha oportunidade única para escoitar en vivo o metal serpenteante e minimalista deste grupo que serviu de modelo a bandas como Khanate, KTL ou Sunn0))).

Tres editoras galegas, Galaxia, Cumio e Baía, contaron cun espazo, pero a presenza da comunidade non rematou aí: dende o stand da propia Xunta ao protagonismo na feira de OQO, Kalandraka e Nova Galicia. Houbo tamén un acto de promoción do libro galego.

“Cando a orde significa escravitude e opresión, a desorde é o comezo da xustiza e a liberdade”, dixo Carlyle nunha cita escollida por Vergés.
Por quinto ano consecutivo, os mellores documentais do mundo volven a Tui. A cita remata mañá con novidades que implican ao público

Galaxia publica en galego ‘Do que estou a falar cando falo de correr”, do xaponés Haruki Murakami, e adiántase así ao lanzamento en castelán do último libro do autor que, como Auster ou Kundera, transita no intersticio posmoderno entre o best-seller e a literatura de culto

François Bégaudeau demostra con ‘A clase’, publicado por Xerais na versión galega, que os institutos de Secundaria son espazos tan reais, tan bos ou tan malos como calquera outro, incapaces despois de todo de corrixir as inxustizas.
A todos nos custa rachar as barreiras da sociedade, e ese é un segredo compartido, algo do que nunca se fala, o centro do best-seller de Muriel Barbery

Novas achegas á práctica fílmica de Pere Portabella, cineasta, produtor de Buñuel, Saura ou Guerín, entre outros, docente e antigo senador polo PSUC
Darwin e Lincoln naceron o mesmo día, pero non podían adiviñar que o destino os ía unir de novo. As teorías do primeiro serían centrais para a causa do abolicionismo, no que o segundo foi protagonista

O que fora membro de Manta Ray e Viva Las Vegas ten un novo proxecto canda a súa parella sentimental, Fany Álvarez. Elle Belga, como se chama esta nova etapa de Josele García, aposta pola sinxeleza e coloca os xogos de voces como elemento central, levando todo o peso das cancións.
Nunca antes coma na distopía ballardiana que é "Costa Norte/ZFK" (Galaxia, 2009), a súa última novela, fixo Xurxo Borrazás (Carballo, 1963) un esforzo tan grande por demostrar que, non que lle fai á literatura, ficción e realidade son exactamente o mesmo.
A achega de Xerais á celebración do Día das Letras Galegas é inusual este ano.
Ensaio e efeméride son moitas veces indisociábeis. A coartada da celebración provoca novas achegas sobre vellos tópicos . O día sinalado é decote o día da reflexión crítica. O aniversario de Rosalía, a homenaxe de Ferrín ou o Día das Letras Galegas, caso paradigmático, xeran coñecemento.
No Festival das Palmas conviven os focos de Vannesa Redgrave sobre a alfombra vermella co culto a cineastas estremeiros como o chinés Jia Zhang-ke, un dos preferidos dun certame que premiou en 2005 a fascinante ‘O mundo’.
O vindeiro 17 de maio, Ramón Piñeiro protagonizará o Día das Letras Galegas, o que provocará un inusual esforzo por parte de investigadores e editoriais por deitar algo de luz sobre unha das figuras máis violentamente centrais da política galega contemporánea.
O escocés Aidan Moffat, ex compoñente de Arab Strap, fai concesións posibilistas e étnicas que ampliarán o seu público sen abandonar a raíz da diferenza estilística no seu novo traballo, o primeiro a canda The Best Of's.