Santiago.- Debatíase no pleno unha proposta da oposición para equiparar ós emigrantes cos residentes. Pero esa, se cadra, non é a cuestión que máis preocupaba nese intre. Non. O que máis preocupaba, ó parecer, é o pasado de Fraga. A oposición bótalle en cara o presidente da
Xunta os seus anos de servicio no réxime franquista. A diputada socialista Marisol Soneira espetoulle a don Manuel: "O éxodo sin precedentes dos galegos na súa etapa franquista fan que vostede non poda presumir de curriculum. O presidente, lonxe de deixalo correr, entrou ó trapo e, por alusións, tomou a palabra para decir: "Non me avergoño da miña vida". E acto seguido, tirar doutra manta, esta vez a que tapa o pasado da oposición. "Son os últimos trece anos de goberno socialista os que habería que explicar", dixo.
Total, o que se estaba a debater era, en realidade, unha proposición non de lei do
BNG na que se pedía a equiparación dos emigrantes cos habitantes de dereito residentes en Galicia. Un tema que o PP despachou decindo que era competencia da Administración central.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.