Xornal.com - clásica
Actualizado 05/01/2001 - 14:27 h.
Lugo.- O Instituto Xeográfico Nacional (IXN) rexistrou as 13.00 horas de hoxe un terremoto de 3,1 grados na Escala Ritcher, con epicentro no Suroeste dos Nogais, na provincia de Lugo.
Segundo os datos facilitados polo IXN, o seísmo ocorreu ás 12.00 horas de tempo universal --á unha da tarde hora española-- nas coordenadas 42.77 grados latitude Norte e 7.16 grados lonxitude Oeste. O terremoto foi sentido "levemente" na zona epicentral.
Tralo primeiro tremor, na provincia lucense sentíronse varias réplicas. En concreto, ás 13.04 horas de hoxe sentiuse un terremoto de 2,9 grados na Escala Ritcher, con epicentro no norte da localidade lucense de Triacastela. Este novo seísmo localizouse nas coordenadas 42.77 grados latitude Norte e 7.24 grados longitud Oeste.
Un minuto máis tarde, o IXN percibiu outra réplica con epicentro ó Oeste de Triacastela. Nesta ocasión o seísmo alcanzou os 3 grados na Escala de Richter e localizouse nas coordenadas 42.76 grados latitude Norte e 7.28 grados lonxitude Oeste.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.