Ourense.- O
BNG solicitou o cese da conselleira de Familia, Manuela
López Besteiro, por considerala responsable dunha actuación neglixente á propiciar accións xudiciais contra Bemposta, que orixinaron a campaña de "déscrédito e difamación" contra a Cidade dos Muchachos.
No dictame alternativo que presentarán na comisión de investigación sobre Bemposta no Parlamento galego, presentado hoxe en Ourense, os nacionalistas consideran que
López Besteiro é a responsable política dunha actuación "parcial, indiscreta e profundamente imprudente".
Ademáis, o
BNG pide que se reprobe ó conselleiro de Xustiza, Antonio Pillado, como responsable directo da actuación policial "parcial e imprudente" que se realizou para tratar de ocupa-los terreos de Bemposta.
Os nacionalistas tamén piden que se traslade toda a documentación ó Fiscal Anticorrupción e que se reprobe públicamente a Marisa de Martínez, que denunciou malos tratos en Bemposta, polas súas acusacións e maniobras que "difamaron e denigraron" á Cidade dos Muchachos.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.