Santiago.- A Mesa do
Parlamento de Galicia constituirá nos próximos días unha comisión de "estudo e seguemento" respecto ó mal das "vacas tolas", tralo acordo acadado hoxe na
Xunta de Portavoces por tódolos grupos a proposta do Grupo Socialista e Esquerda de Galicia.
O obxectivo deste novo órgano é que o Goberno autonómico e os grupos parlamentarios traballen conxuntamente para buscar medidas e solucións á crise xenerada pola enfermedade da encefalopatía esponxiforme bovina (EBB), segundo explicou o presidente do Grupo Socialista, Ismael Rego.
Pola súa banda, o portavoz do PP e conselleiro da presidencia, Xaime Pita Varela, indicou que a duración dos traballos será "longa", xa que está vinculada á solución do problema da EBB.
A comisión debatirá as medidas propostas polo Goberno e a Unión Europea, así como as axudas económicas para paliar a crise das "vacas tolas". Ademáis, poderá solicitar a comparecencia de expertos científicos e axentes sociais do sector para exponer as súas propostas e alternativas.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.