PINTURA: O Pazo de Bendaña de Santiago acolle unha mostra sobre Eugenio Granell

Máis de medio centenar de debuxos e collages, en branco e negro e en cor, compoñen esta nova exposición.
Xornal.com - clásica Actualizado 27/02/2001 - 18:56 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
Santiago.- A Fundación Eugenio Granell abre hoxe no Pazo de Bendaña unha nova mostra con 56 obras de pequeno formato do coñecido artista galego. Trátase de debuxos e collages, en branco e negro e en cor, con distintas técnicas, realizados entre as décadas dos 40 e os 70.

O papel é o único soporte en tódalas pezas desta mostra. Unha das salas expositivas está adicada a retratos, algúns dos cales foron confeccionados únicamente con recortes de papel, destaca a Fundación Granell. Asemade, esta mostra compleméntase con dous óleos e dúas pequenas esculturas de Eugenio Granell, que configuran un entorno homoxéneo e coherente, que proporciona unha visión ampla e axeitada da obra deste recoñecido surrealista galego.



Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad