O CDG e Sarabela Teatro copan as nominacións ós Premios María Casares

As dúas últimas montaxes da compañía institucional de teatro "A burla do galo" e "Calígula" opta a algunhas das categorías máis destacadas, como o premio ó mellor espectáculo e á mellor dirección.
Xornal.com - clásica Actualizado 12/03/2001 - 16:43 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
Santiago.- O Centro Dramático Galego (CDG) e a compañía ourensana Sarabela acumulan a maior parte das nominacións ós V Premios de Teatro María Casares, con doce e nove opcións, respectivamente, nas trece categorías destes galardóns que cada ano premian ás mellores montaxes da escea galega. As dúas últimas montaxes da compañía institucional de teatro "A burla do galo" e "Calígula" opta a algunhas das categorías máis destacadas como o premio ó mellor espectáculo, á mellor dirección, de Xoán Cejudo, e ó mellor actor protagonista, pola interpretación de Antonio Durán "Morris". Pola súa banda, a adaptación á escea da obra de Manolo Rivas "O lapis do carpinteiro", levada ás táboas por Sarabela Teatro, mereceu un total de nove nominacións tamén nalgunhas das categorías máis destacadas.

Así, a compañía ourensana opta ó premio á mellor dirección polo traballo de Anxeles Acuña e ó de actor protagonista pola interpretación de Fernándo Dacosta. Asemade, dous dos actores que tomaron parte en "O lapis do carpinteiro", Xosé A. Porto "Josito" e Xosé M. Olveira "Pico", optan ó galardón ó mellor actor secundario. A montaxe de Sarabela tamén está presente na terna de nominados ó mellor espectáculo, que se completa coas "Criaturas" de Teatro do Aquí.

Precisamente, Teatro do Aquí é a terceira compañía que máis nominacións copa, cun total de seis, entre as que están á mellor dirección, ó mellor actor protagonista e ó mellor texto orixinal, polo destacado traballo feito en todas estas áreas por Roberto Vidal Bolaño, quen tamén opta ó recoñecemento polo texto de "A burla do galo". O "Otelo" de Produccións Librescena, "A señorita Xulia" de Uvegá Teatro, e os "Hero.es" de Chévere tamén optan a premios en diversas categorías, así como a actualización do mito de Medea feita por Manuel Lourenzo en "Ultimas faiscas de setembro", de "Casahamlet".

ENTREGA DE PREMIOS

A gala de entrega dos Premios María Casares celebrarase o vindeiro 27 de marzo no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña e será presentada por la actriz Maxo Barjas. Tamén se concederá o Premio de Honra, que nesta ocasión irá para a Asociación Cultural "Abrente" de Ribadavia. Os nominados nas trece categorías foron elixidos de entre tódolos espectáculos de compañías de teatro profesionais de Galicia e que foron estreados no ano 2000. Estos galardóns son concedidos por votación dos socios da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escea de Galicia.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad