Alfredo Conde recupera a figura histórica do marqués de Sargadelos

O escritor galego recrea en "Azul Cobalto" a vida dunha figura aínda "descoñecida" en Galicia pero fundamental na súa historia.
Xornal.com - clásica Actualizado 23/03/2001 - 18:09 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
Santiago.- O escritor ourensano Alfredo Conde recupera na súa última novela, "Azul Cobalto", a figura histórica de Antonio Raymundo Ybáñez, marqués de Sargadelos e creador da cerámica que leva o seu mesmo nome. Conde, que manifestou a súa admiración por este personaxe, asegurou que esta é "sen dúbida" a súa mellor obra.

Alfredo Conde, que presentou hoxe en Santiago o libro, explicou que se trata dunha novela que conta a "peripecia vital" dun ilustrado e que pretende convertir en mito ó marqués de Sargadelos, unha figura aínda "descoñecida" en Galicia pero fundamental na súa historia.

Asemade, o escritor ourensano, que manifestou o seu desexo de que esta novela acentúe a lenda do marqués, lamentou que Antonio Ybáñez non puidese contribuir, aínda máis, á evolución de Galicia, xa que a súa morte á idade de 59 anos frustou un maior desenvolvemento da fábrica de Sargadelos.

"Tódolos galegos sentimos curiosidade pola vida do marqués de Sargadelos, do que apenas se coñece nada", indicou Conde, quen calificou de "luminosa" a idea de escribir esta novela na que recrea, a partir de datos biográficos, a historia dun personaxe clave na comunidade.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad