Os premios María Casares de teatro daranse a coñecer o martes na Coruña

Este ano a gala será aberta ó público, previa retirada dunha invitación.
Xornal.com - clásica Actualizado 23/03/2001 - 20:24 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
A Coruña.- A Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia entregará o vindeiro martes os Premios de Teatro María Casares, que este ano cumplen a súa quinta edición, nunha gala que se celebrará no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Por primeira vez, a gala será aberta ó público, previa retirada dunha invitación.

Os premios constan de trece categorías que entran a concurso e un premio de honra, que este ano se otorgará á Asociación Cultural "Abrente" de Ribadavia. Os nominados foron elexidos de entre tódolos espectáculos, estreados o ano pasado e pertencentes a compañías de teatro profesionais galegas. Case 300 persoas (membros da Asociación organizadora e nominados en anteriores edicións) elexiron, cos seus votos, ós finalistas.

Na presentación da gala, que tivo lugar hoxe no Concello da Coruña (institución que colabora nesta iniciativa), o presidente da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena, Manuel Oliveira, destacou a numerosa producción e de alta calidade que houbo o ano pasado. Como exemplo, citou o feito de que para os finalistas a mellor actriz elexiuse entre 98 nomes, mentras que na categoría de directores optaban 33.

A gala, que comenzará as 21.30 horas e será retransmitida pola TVG, será presentada por Maxo Barjas e Lino Braxe. Contará, ademáis, coas actuacións do Grupo de Metais Santa Cecilia, Mofa e Befa e a Psicofónica de Conxo.

AUXE DO TEATRO

O concelleiro de Cultura do Concello da Coruña, Xosé Luis Méndez, destacou hoxe a importancia da gala e o auxe experimentado polo teatro galego. Con todo, considerou que todavía está ""lonxe de ter unha producción normalizada"" polo déficit de auditorios.

Neste mesmo senso, manifestouse o coordenador da gala, Xosé Manuel Rabón, quen asegurou que faltan "espacios estables onde se poidan producir espectáculos". Rabón, que se mostrou optimista sobre o futuro do teatro, considerou que o modelo a seguir debe ser o catalán.

NOMINACIONS

Na gala, entregaranse os premios á mellor maquillaxe, vestiario, iluminación, música orixinal, adaptación, texto orixinal, escenografía, actor secundario, actriz secundaria, actor e actriz protagonista, dirección e espectáculo.

Cada categoría consta de tres nominados e, salvo empate, só un deles será galardonado. No caso da categoría de actriz principal, son este ano catro as aspirantes por ter duas delas igualdade nos votos e nos puntos. En concreto, optan ó premio Inma Antonio Souto, Mónica Caamaño, Patricia de Lorenzo e Rosa Alvarez.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad