A Coruña.- ETA --di, por exemplo,
A Nosa Terra-- entrou na precampaña eleitoral galega a xeito de polémica, ao tentar o PP facer dous bandos fronte aos terroristas: os susceptíbeis de atentados e os non ameazados.
Esta estratéxia --opina o semanário de inspiración nacionalista-- contradise coa que fala de unidade fronte ao terrorismo, afirmando que do que se trata é de "atentados contra a democrácia, non contra unha persoa concreta". Pero ainda asi, a incidéncia de ETA en Galicia quedou tronchada ao desarticular o comando que estaba disposto para acometer seis atentados en Santiago.
A todo esto, o vicepresidente do Goberno e ministro do Interior,
Mariano Rajoy, dixo en Vigo que o comando de ETA en Galicia, desarticulado o pasado 26 de marzo, "podía asesinar en calquer momento" e tiña un "seguimento moi detallado" de algúns dos seus posibles obxetivos. Dixo tamén que noutros casos "figuraban solamente os seus nomes". Pero Rajoy fuxiu de polémicas tan estériles como a fomentada polo conselleiro Pita Varela.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.