XORNAL/A Coruña.- Javier González
Ferrari aproveitou o último Consello de Administración de Radiotelevisión Española desta temporada para engadir máis incertidumes ó futuro do Ente público, segundo unha información que publica a páxina web do Colexio de Xornalistas. O director xeral de RTVE dixo que non acepta o Plan de Viabilidade presentado pola SEPI ó Goberno porque «nin el nin a xente de RTVE» participaron na súa elaboración. Ademais, sinalou que coñece o Plan desde fai unicamente 15 días.
O que semellaba un Consello de Administración de mero trámite previo á paréntese vacacional rematou nun novo capítulo de sombras e dúbidas respecto do futuro de Radiotelevisión Española. Unha semana despois de que o presidente da SEPI, Pedro Ferreras, presentara a súa demisión e recoñecese que o director xeral de RTVE dispuña do Plan de Viabilidade do Ente e que participara nel desde o comezo, Javier González
Ferrari sinalou que non acepta o documento porque «nin el nin a xente de RTVE» participaron na súa elaboración, segundo explicaron a ABC fontes do Consello.
González
Ferrari dixo non estar informado do Plan de RTVE debido a que a SEPI no contara coa súa colaboración. O director xeral de RTVE precisoulles ós membros do Consello de Administración que desde o pasado 1 de xaneiro, data na que RTVE quedou formalmente adscrita á SEPI, se reunira con Pedro Ferreras oito veces, «seis das cales obedeceron a almorzos e só dúas foron reunións formais» co presidente da SEPI, segundo explicaron as mencionadas fontes.
Ferrari foi máis aló e aclarou que rexeita algúns puntos clave recollidos no Plan que actualmente está en mans do ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, como son a disgregación de RTVE en dúas sociedades, a inclusión de publicidade en RNE para aumentar os ingresos do Ente e destinar a Primeira á emisión de espacios comerciais. O director xeral de RTVE insistiu en que non da carta de natureza ó documento de viabilidade e detívose nalgúns aspectos nos que se mostrou especialmente contrario como é o feito de que os centros territoriais poidan pasar a adscribirse á segunda cadena.
Así mesmo, tanto o director xeral como os conselleiros a proposta de todos os Grupos estiveron dacordo na necesidade de que, ó tempo que se xestiona o Plan de Viabilidade, se busque un consenso entre os Grupos parlamentarios sobre o futuro modelo de RTVE. Neste sentido, consideraron que a asunción da débeda histórica do Ente, cuantificada en 800.000 millóns ó peche do presente exercicio, se segregue destas dúas negociacións e se lle busque unha solución definitiva.