A Radio Galega emite mañá o relato inédito de Casares "A radio, un soño"

A Radio Galega emitirá mañá a partir das 21.00 horas un programa especial adicado a Carlos Casares que incluirá o relato "A radio, un soño", unha obra inédita escrita e lida polo xornalista falecido onte para a emisora pública galega.
Xornal.com - clásica Actualizado 10/03/2002 - 19:55 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL/A Coruña.- O relato de Casares foi gravado o pasado 18 de febreiro e formará parte dun libro de relatos escritos e lidos por numerosos escritores galegos.

O programa incluirá tamén semblanzas do falecido presidente do Consello da Cultura Galega por parte do conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela; o rector da Universidade de Santiago, Darío Villanueva; o presidente da Real Academia Galega, Xosé Manuel Barreiro, e o escritor Manuel Rivas, entre outros persoeiros e amigos de Casares.

Emitirase, asimesmo, a derradeira entrevista que se lle fixo a Carlos Casares, que foi realizada o pasado venres pola Radio Galega con motivo da homenaxe a Fernández del Riego celebrada en Vigo, e fragmentos de outra conversa radiofónica que o escritor mantivo en 1986 coa xornalista Marina Castaño no programa "Parladoiro".
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad