Presentada en Vigo "O sol de verán", a obra póstuma de Carlos Casares

A Editorial Galaxia e a Fundación Caixa Galicia presentaron en Vigo, no Teatro-Cine Fraga, "O sol do verán", a derradeira obra do escritor Carlos Casares como escritor e editor, finado o pasado 9 de marzo.
Xornal.com - clásica Actualizado 10/05/2002 - 09:48 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL/Vigo.-O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Ramón Barreiro, recordou ó escritor falecido coma o defensor "das causas nobles", a quen tamén atribuíu a capacidade de "ser constructivo ata o derradeiro día".

Pola súa banda, o escritor e Premio Nacional de Literatura Manuel Rivas calificou de "moi especial" a obra que hoxe se presnetaba porque "permite participar da mirada e do camiño" de Carlos Casares.

A novela, que sae cunha primeira tirada de 8.000 exemplares, é un canto ó amor, á beleza, á plenitude da vida e da memoria, que está tinxido de melancolía e nostalxia por un tempo definitivamente ido. "O sol do verán" narra a historia de amor e morte de Carlos e Helena.

A trama parte do suicidio do mozo que desencadena as rememoracións de Helena, a súa compañeira de xogos infantís, que evoca o pasado e o paraíso perdido da nenez, ademáis do mundo intenso e alegre dos veráns compartidos na casa familiar.

A presentación-homenaxe da derradeira obra de Casares contou coa asistencia do presidente do Consello da Cultura Galega, Alfonso Zulueta de Haz; do vicepresidente da Fundación Caixa Galicia, José Luis Méndez López; un dos fillos do escritor e do subdirector da Editorial Galaxia, Damián Villalaín, entre outras personalidades do mundo da cultura e da política.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad