Barreiro pide á Xunta que aposte decisivamente no fomento do galego nas empresas

Barreiro opina que as institucións públicas "deben intervir decisivamente e colaborar para impulsa-lo uso da lingua galega no mundo empresarial"

A RAG pídelle a Xunta que condicione as súas subvencións e axudas ás empresas a que éstas lle den un pulo á lingua
Xornal.com - clásica Actualizado 17/05/2002 - 18:53 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL/Pontevedra.- O presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, defendeu hoxe en Pontevedra que a Xunta interveña "decisivamente" no fomento do galego no mundo empresarial. A academia galega homenaxeou nun acto institucional á figura de Frei Martín Sarmiento, do que se salientou o seu traballo en distintas áreas e foi definido como "un sabio humilde".

A cidade de Pontevedra centrou hoxe a celebracion do Dia das Letras Galegas xa que, aínda que Frei Martín Sarmiento naceu en Villafranca del Bierzo, "él sempre dixo que a súa patria era Pontevedra", afirmou ó presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro Fernández, quien hoxe participou por primeira vez neste acto institucional desempeñando este cargo.

O acto máis relevante consistiu nun pleno extraordinario da Real Academia Galega, no Teatro Principal de Pontevedra, ó que asistiron o presidente do Executivo autonómico, Manuel Fraga, e os conselleiros de Cultura, Xesús Pérez Varela, e de Educación, Celso Currás, representantes políticos do PSdeG, autoridades municipais e persoalidades do mundo da cultura galega.

No pleno interviron os académicos Xesús Ferro, Francisco Díaz-Fierros, Xesús Alonso e o presidente da institución que pechou ó acto. Todos eles subliñaron a importancia de obra de Sarmiento, que "escribiu de distintas disciplinas 150 títulos en 8.000 páxinas, das cales están sen publicar ó 65 por cento" segundo asegurou o académico Xesús Alonso.

ADIANTADO Ó SEU TEMPO

Foi no ano 1727, contando 32 años de idade, cando Sarmiento atopa no arquivo da Catedral de Toledo manuscritos en galego, "e nese intre descubre que o galego tamén se escribía", explicou Alonso. O académico cualificou a Sarmiento como "un sabio humilde" e apuntou que non tivo reparos a hora de criticar todolos sectores e a todalas clases socias.

Neste senso abundou tamén Francisco Diaz-Fierros, quen repasou as aportacions do ilustrado en materia agraria e pesqueira. "Sarmiento criticou a desvinculación da ganadería e a agricultura, e propuxo que non poideran ter gando quen nos dispuxera de terra", afirmou o académico

Engadiu que en materia pesquera Sarmiento "adelantouse tamén ó seu tempo para sentenciar que os recursos da natureza non son unha fonte inesgotable, o que logo levaría a implantación das vedas". Esta faceta de precursor do esgotamento dos recursos pesqueiros fixo que se considere a Frei Martín Sarmiento como "o primero ambientalista español".

GALEGO NA EMPRESA

Pola súa banda, no peche deste acto institucional, o presidente da Real Academia Galega defendeu que as institucións públicas "deben intervir decisivamente e colaborar para impulsa-lo uso da lingua galega no mundo empresarial".

Barreiro lembrou que no plano cultural "o galego non ten problema", pero alertou da escasa presencia desta lingua noutros eidos, como no mundo empresarial. Así, pediulle á Xunta de Galicia que condicione as súas subvencións e axudas ás empresas a que éstas lle den un pulo á lingua. Tamén animou ós medios de comunicación "a que opten polo idioma de Galicia".

Con anterioridade a este pleno, Manue Fraga e os académicos participaron noutros actos,coma o descubrimento dunha placa no exterior do edificio Sarmiento do Museo Provincial. A placa cualifica a Sarmiento como "figura central da ilustración a gran defensor dos intereses de Pontevedra e Galicia".

EXPOSICIÓN

Durante a súa presencia nos actos organizados pola Real Academia Galega en Pontevedra, o presidente da Xunta salientou que o 'Día das Letras Galegas', data festiva en Galicia, é "unha boa iniciativa" e apuntou que as letras galegas "gañaron aínda máis prestixio pola existencia desta festa", creada no seu día pola academia.

Académicos e responsables da Xunta tamén visitaron una exposición que amosa retratos, recordos persoais e familiares, catálogos e manuscritos das obras de Frei Martín Sarmiento. A meirande parte deste material pertence ós fondos do Museo, mesmo unha obra recén recuperada polo director da Institución, Carlos Valle, nunha casa particular en Huesca.

Os actos celebrados hoxe en Pontevedra víronse acompañados por unha nova moblización de Traballadores de Ambulancias Galicia e Ambulancias Arousa, que fixeron sona-las sirenas dunha ducia de vehículos, aproveitando a presencia de Manuel Fraga nos actos do Dia das Letras Galegas.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad