O programa 'Luar' da TVG acadou un índice de audiencia por riba do 32%

O programa 'Luar' da Televisión de Galicia (TVG) rexistrou na noite do derradeiro venres de xaneiro un índice de audiencia do 32,5 por cento chegando nalgún intre, coincidindo coa actuación musical do coñecido artista David Bisbal, ó 40,5 por cento, e convertíndose no espacio máis visto da noite en Galicia.
Xornal.com - clásica Actualizado 01/02/2003 - 18:16 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL/A Coruña.- Segundo os datos ofrecidos pola cadea autonómica, a TVG foi líder na franxa de maior consumo televisivo cunha cota de pantalla do 26,5 por cento fronte ó 24,7 que obtivo TVE 1, o 20 de Tele 5, e o 18,1 por cento de Antena 3 TV.

O éxito do espacio presentado polo popular Xosé Manual Gayoso consolida a traxectoría da TVG ó longo de toda a xornada, xa que esta canle mantívose por diante das televisións privadas, salientando a acollida que tiveron os diversos espacios informativos dedicados á situación metereolóxica e ás estradas nas distintas provincias de Galicia.



Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad