Ya se conoce el calendario escolar para el curso 2004-05

O curso escolar 2004-2005 mantén os mesmos días lectivos que o anterior e supera a media do conxunto do Estado, segundo explicou onte o director xeral de Centros e Ordenación Educativa da Xunta, Alberto González Armesto.
Xornal.com - clásica Actualizado 17/03/2004 - 13:52 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I A Coruña.- Na comunidade os días lectivos en Infantil e Primaria oscilarán entre 180 e 182, fronte á media estatal de 176,21, e en Secundaria e Bacharelato serán de entre 175 e 177, cando a media estatal é de 173,74 e 172,26 respectivamente, según informa El Ideal Gallego.

Na comunidade os días lectivos en Infantil e Primaria oscilarán entre 180 e 182, fronte á media estatal de 176,21, e en Secundaria e Bacharelato serán de entre 175 e 177, cando a media estatal é de 173,74 e 172,26 respectivamente.

No segundo ciclo de infantil, especial e primaria, as actividades lectivas comezarán o 10 de setembro de 2004 e concluirán o 29 de xuño.

Polo que respecta a Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, os días lectivos serán entre o 17 de setembro de 2004 e o 29 de xuño de 2005.

En Formación Profesional, as actividades lectivas comezarán o 1 de outubro de 2004 e finalizarán de acordo cos horarios establecidos para cada ciclo formativo, e en ensinanzas de Réxime Especial comprenderán do 1 de outubro de 2004 e ao 3 de xuño.

---

Más información: España: Xornal.es Galicia: Xornal.com
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad