XORNAL I A Coruña.- Central Pork, en Vía Norte de Vigo --o mesón onde se celebran habitualmente as tertulias do Café Voltaire--, será escenario este xoves, día 29, dos preparativos do lanzamento dun novo proxecto de Internet en Galicia. Os reunidos analizarán características e conceptos convencionais de Ágora e Foro. Tamén se falará de servicios posibles e costes mínimos, posibles fases de desenvolvemento e fontes de financiamento.
Na reunión farase tamén un rexistro de promotores e pecharase a organización da comunicación interna, mediante comisións de traballo vía rede. Algunhas das persoas conectadas están a invitar a outros posibles interesados, polo tanto a lista de promotores non está pechada.
Apoian esta iniciativa: Luís Álvarez Pouxa (Santiago), Xoán López Facal (Santiago), Xulián Maure (Nigrán), Basilio García (Pontevedra), Angeles Iglesias (Pontevedra), Carlos Fernández (Vigo), Miguel Barros (Vigo), Manuel Pérez Rúa (Moaña), Sergio Portela (Pontevedra), Juán Vidal (Pontevedra), Igor Barros (Vigo), Ana Barros (Vigo), Xan Bouzada (Vigo), Miguel Iglesias Pena(Pontevedra), Beatriz Bujía Couso (Pontevedra), Damián Villalain (Vigo), Pedro Xosé Blanco (Ferrol) e Adolfo Garrido (Vigo).
---
Máis información: España: Xornal.es Galicia: Xornal.com.