BNG e CIG propoñen deseñar unha estratexia de defensa do naval galego

O BNG e a CIG fixeron hoxe un chamamento aos distintos axentes sociais de Galiza para que, en réxime de autoconvocatoria, acodan este venres en Santiago a unha reunión para deseñar unha estratexia de defensa do sector naval galego. O chamamento fixoo público o secretario de Acción Social do BNG, Bieito Lobeira, quen compareceu en rolda de imprensa para dar conta do contido do encontro celebrado na Sede Nacional cunha delegación da Executiva da CIG.
Xornal.com - clásica Actualizado 24/06/2004 - 13:32 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Santiago .- Lobeira (que acudiu á xuntanza acompañado do secretario de Organización do BNG, Luís Barcia, e do deputado nacionalista no Parlamento galego Xosé Díaz) denunciou que a situación deste sector se converteu en “problema con dimensión nacional, en termos de discriminación do país”.

O BNG opina que se trata dunha situación que hai que vencer politicamente, dado que o país conta “coa tecnoloxía e a capacidade produtiva” para sacar o sector adiante e por iso quer que “a sociedade reivindique o dereito a vivir do traballo”. Pola súa parte, o secretario de Acción Sindical da CIG, Antolín Alcántara debuxou unha situación na que “desaparecen as plantillas, pechan as instalacións e grande parte do traballo que facían os estaleiros galegos se contrata a terceiros países”.

Alcántara lembrou que o principal é defender o sector e os postos de traballo, o que, na súa opinión, non está a facer o Estado español.

Neste sentido, Bieito Lobeira opinou que tamén a Xunta “debería ter un papel máis reivindicativo”, ao tempo que asegurou que o BNG bota “en falta unha posición de defensa do sector naval por parte do goberno galego.

BNG e CIG explicaron as mobilizacións forman importante parte do proceso de reivindicación que inician este venres, aínda que matizaron que, antes de anunciar as medidas que se tomarán, queren poñer en común as propostas de todos os colectivos.

---

Más información: España: Xornal.es Galicia: Xornal.com
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad