A guía distribúese entre os propios concellos, oficinas de información, centros comarcais, centros de interpretación e outros puntos, co obxectivo de chegar tanto ós turistas como ós propios galegos, interesados en coñece-la programación de actos culturais e lúdicos en Galicia durante a tempada estival.
Está estructurada en tres partes. Na primeira aparece un mapa de Galicia cos camiños de Santiago e a ubicación dos albergues de peregrinos, además dunha breve introducción. A segunda parte recolle a información dos eventos dos concellos galegos, agrupados por provincias. Na última sección aparecen tódolos eventos que se organizan con motivo do
Xacobeo 2004.
Camiño de Santiago
Ademais, como novedade nesta edición, sinálanse cun icono do Pelegrín os municipios polos que transcorre o Camiño de Santiago, nas súas diferentes rutas. Tamén recóllese información útil sobre as oficinas de turismo da
Xunta de Galicia, así como datos de número de habitantes e infraestructura hoteleira, xunto cun mapa de estradas, de cada provincia.
A contraportada complétase cun mapa de Galicia coa localización de tódolos recursos turísticos da Comunidade galega (hoteis, balnearios, casas de turismo rural, campos de golf, etc).