Medio Ambiente nega ter constancia de prácticas abusivas na limpeza do fuel

A Consellería de Medio Ambiente puntualiza as palabras do seu director Xeral de Conservación da Natureza e di non ten constancia da realización de prácticas abusivas nos traballos de limpeza dos coídos afectados polo fuel do 'Prestige'
Xornal.com - clásica Actualizado 17/03/2005 - 11:24 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Santiago .- Ante a presentación, por parte do grupo socialista, de fotografías tomadas en 2003 mentres se realizaban os labores de limpeza, o director xeral manifestou onte que, aínda que nesas imaxes "podería parecer que si houbo prácticas abusivas" sería preciso recabar máis información sobre o tema antes de emitir un dictame. Segundo afirmou onte no Parlamento o director xeral de Conservación da Natureza, Javier Ruíz de Almirón Schlung o traballos foron realizados no ano 2003 pola Dirección General de Costas, dependente do Ministerio de Medio Ambiente, polo que o seu departamento non desenvolveu ningún estudo sobre os mesmos.

Polo tanto, explican dende o Goberno autonómico, as valoracións por parte do director xeral referíronse en todo caso ás probas presentadas polo PSOE, e non poden considerarse extensibles ao labor de limpeza desenvolvido naquel momento.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad