A calculadora estará permitida nas probas de acceso á universidade

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Celso Currás Fernández, anunciou hoxe no Parlamento de Galicia que os alumnos de Matemáticas II poderán levar calculadora ás probas de acceso á universidade, que se celebran na comunidade autónoma. Celso Currás matizou que para chegar a este punto a Xunta mediou entre os responsables da Comisión Interuniversitaria Galega (CIUG) e o grupo de traballo da materia de Matemáticas II coa finalidade de chegar a unha solución, aínda que non é necesario o uso da calculadora nesta materia.
Xornal.com - clásica Actualizado 31/03/2005 - 17:28 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Santiago .- Todo xurdiu cando o grupo de traballo (encargado de coordinar as materias obxecto da proba de acceso así como do modelo de exame que farán os alumnos en xuño e setembro) lle comunica aos profesores de Matemáticas de Bacharelato que os alumnos de Matemáticas II non precisan calculadoras para facer o exame argumentando para elo os cambios efectuados no currículo.

A tenor desta decisión a Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) anuncia o seu rexeitamento a tal medida. Neste intre, inícianse os contactos entre os responsables da CIUG e os de AGAPEMA para intentar aclarar a situación.

A Xunta, neste punto, tivo coñecemento do asunto e mediando entre as partes resolveu que a pesar de que non é necesario o uso da calculadora para esa proba en concreto os alumnos, aínda así, poderán facer uso dela.

O titular de Educación comparecía no hemiciclo para aclarar esta situación a petición dunha pregunta formulada polo grupo parlamentario do BNG.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad