Quintana compara as listas "trasparentes" do BNG coa "imposición" das do PP

"Fraga perdeu a posibilidade de presentarse en Madrid como presidente dun país cando optou pola propaganda partidista en lugar de acadar un gran pacto polas infraestruturas como propón o BNG", asegurou o líder nacionalista.

Tamén califica de "visita interrupta" a polémica da Xunta co ministro de Economía, Pedro Solbes.
Xornal.com - clásica Actualizado 05/05/2005 - 17:33 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Santiago.- O portavoz e candidato á Presidencia da Xunta do BNG, Anxo Quintana, salientou que o verdadeiro cambio só chegará a Galiza se tras a cita electoral se forma un Goberno presidido por un nacionalista que acade para este país outro lugar institucional.

“O verdadeiro cambio será que a partir do 19 de xuño Galiza empece a contar no Estado”, proclamou Quintana en rolda de prensa na Fundación Luis Seoane onde asistiu a un café de redacción privado convidado polo Colexio de Xornalistas.

A visita interrompida do ministro de Economía, “un tema morto antes de nacer” e "unha visita interrupta", ironizou, é a última proba que mostra “a necesidade dunha Presidencia nacionalista para que haxa respecto por Galiza” e por fin a actual situación na que o Goberno central non toma en serio ao presidente galego “como consecuencia dos oito anos de silencio ante Aznar o polo descarado partidismo destes últimos meses sobre o tan traído e levado Plano Galicia, pero quen paga as consecuencias é este país”.

Galiza só terá o papel que lle corresponde dentro do Estado, alegou Quintana, cun presidente capaz de ter “unha postura de país”, e Fraga “perdeu esa posibilidade ao optar por facer partidismo cos recursos de todos os galegos colocando anuncios nos medios de comunicación en vez sacar adiante un acordo social polas infraestruturas como propuxo o BNG”.

“Eu tería liderado ese proceso, recollendo a demanda da cidadanía, que non entende porque somos incapaces de asinar un documento pactado cando todos reclamamos as mesmas infraestruturas”, explicou. Por contra, PP e PSOE “optaron por tirarse o BOE á cabeza en lugar de buscar solucións”.

Preguntado polas candidaturas, Quintana salientou o elevado apoio á proposta elaborada pola Executiva Nacional nas diversas comarcas, nas que, salvo excepcións, foi referendada polo 80% da militancia, e que serán aprobadas, con toda probabilidade, no Consello Nacional previsto para este venres.

Quintana comparou o método democrático, participativo e transparente do BNG na elaboración das candidaturas cos métodos de “contubernio de taberna e liortas de camarillas” inspiradas na máxima do “sálvese quen poida” que inspiraron a outras forzas políticas, ironizou.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad