O servicio de Portelo Único funciona en preto de 300 concellos galegos

Barbadás, Outeiro de Rei, Santiago de Compostela, Tui, Vigo e a Mancomunidade do Salnés poderán beneficiarse da rede privada de comunicacións da Xunta de Galicia, segundo se dispón nun proxecto de orde de onte, que informa do comenzo da actividade administrativa, para os efectos de rexistro xeral para a documentación dirixida á Xunta, nos concellos anteriormente mencionados.
Xornal.com - clásica Actualizado 10/05/2005 - 11:40 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Santiago .- Ca adhesión destes concellos ó convenio de colaboración que, en Febreiro de 1996, suscribiron a Consellería da Presidencia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para a implantación e desenvolvemento dos servicios informáticos e de telecomunicacións, a partir de hoxe, martes, serán xa 296 os concellos galegos que disporán do servicio de Portelo Único.

A través do devandito convenio, a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública intensifica a cooperación cas administracións locais e pon ó seu servicio a rede privada de comunicacións da Xunta de Galicia, co obxecto de mellora-los servicios ós cidadáns.

QUE SERVICIOS OFERTA.- A implantación do portelo único nos concellos galegos permite exercer varias funcións entre as que figuran proporcionar información xeral da administración autonómica; información particular sobre aqueles expedientes administrativos tramitados a instancia de parte ante a Xunta de Galicia, nos que o solicitante sexa interesado, nos termos establecidos pola lei; ou acceso ó Rexistro Xeral de Contratistas da comunidade autónoma.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad