Conxo conta con 3 novos quirófanos da unidade de cirurxía ambulatoria

O conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, José Manuel González Álvarez, visitou onte as novas instalacións da Unidade de Cirurxía Ambulatoria (UCA) do Hospital de Conxo, nas que se teñen investido 3 millóns de euros para a súa construcción e equipamento, ademais de para a cuberta do centro. Durante a súa visita, José Manuel González anunciou tamén un investimento de 11 millóns de euros para a dotación dun Bloque Cirúrxico, a reforma da rede de fontanería, a rehabilitación da fachada do centro e a mellora do mobiliario de hospitalización.
Xornal.com - clásica Actualizado 26/05/2005 - 10:39 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Santiago.- Así, a conclusión da primeira fase do Plan Director neste centro permitiu dotar á UCA de tres novos quirófanos, ademais dunha sala de exploración especiais cunha configuración e instalación que permite completar os quirófanos mencionados. Asemade, construíuse un espazo do servizo de anestesioloxía cunha sala de espertar con 6 postos, e unha de readaptación ao medio de 9 postos, así coma consulta de pacientes, sala de reunións, secretaría e despacho de anestesia. Previamente había, neste centro, 1 quirófano para Cirurxía Maior Ambulatoria e outro de Cirurxía Menor, en Conxo.

Coas novas instalacións potenciarase a cirurxía ambulatoria o que permitirá resolver os procesos de intervención do paciente en poucas horas, evitándolle ao enfermo a hospitalización. Certas patoloxías que antes eran atendidas mediante ingreso e estadía, son agora diagnosticadas e/ou tratadas ambulatoriamente. O ano pasado, o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela realizou máis de 10.500 operacións ambulatorias o que supuxo un incremento na actividade. Nos últimos anos, o CHUS duplicou a actividade de cirurxía ambulatoria, e con estas novas instalacións a atención rexistrará un maior aumento, tanto na cirurxía maior como na menor. Das 10.500 intervencións rexistradas o ano pasado, 6.000 son de cirurxía ambulatoria menor, e 4.500 corresponden á maior.

O Servicio Galego de Saúde leva investidos, nos últimos dous anos, preto de tres millóns de euros, destinados a obras e equipamentos para a mellora do Hospital de Conxo. Con este investimento, executouse a primeira fase do Plan Director, que se puxera en marcha para acometer reformas nun hospital que presentaba as carencias propias dun edificio construído hai 20 anos. A dotación da UCA e a actuación en toda a cuberta do hospital completan as obras acometidas nesta fase, neste centro do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Por outra banda, está tamén en execución a reforma das instalacións e o proxecto de acondicionamento das áreas comúns do pavillón de hospitalización do Hospital Psiquiátrico de Conxo, por un importe de 2.000.000 euros.

UNS 11 MILLÓNS DE EUROS PARA MÁIS MELLORAS.- Con respecto á segunda fase do Plan Director, o Sergas ten xa licitado o proxecto de execución, que inclúe a remodelación no Bloque Cirúrxico do Hospital de Conxo, cun gasto presupostado de 4 millóns e medio de euros. Para a reforma da fachada do edificio, para a creación dun laboratorio de metadona, e para unha nova instalación da fontanería, está previsto un investimento de máis de 5 millóns e medio de euros.

Tamén se prevé a substitución de todo o mobiliario de hospitalización, o que beneficiará aos 280 pacientes do centro, e aos seus acompañantes, e permitirá acomodalo na súa estadía e facilitarlle o labor aos profesionais (médicos, enfermeiras, auxiliares de enfermería e celadores). Esta renovación terá un coste de máis de seiscentos mil euros. En total, o Sergas investirá proximamente no Hospital de Conxo, pertencente ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, preto de 11 millóns de euros.

Xunto con isto, destacar que, tanto no Hospital Médico Cirúrxico de Conxo, como no Psiquiátrico, investiranse, durante os anos 2005 e 2006, máis de 1.700.000 euros en equipamento tecnolóxico.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad