XORNAL I A Coruña.- A Rede espalla dende onte a idea de organizar unha cadea humana que xunte man a man as estatuas de Castelao e Pablo Iglesias en Santiago. Trátase dunha iniciativa non partidista que promove unha movilización cidadán que simbolice a arela dun colectivo que insta a procurar un goberno de cambio formado por socialistas e nacionalistas na
Xunta de Galicia. A cita será o domingo 26 de xuño, na Praza da Alameda, as 13.00 horas.
Poucos dubidan que de producirse un cambio de Goberno éste estaría abocado a conformarse baixo da fórmula dunha coalición entre
PSdeG-
PSOE e
BNG. Baixo desa idea, son varias as páxinas web que espallan dende onte unha convocatoria popular que pretende simbolizar esa unión de pensamentos xuntando man a man as estatuas dos seus respectivos ideólogos, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Pablo Iglesias, en Santiago de Compostela.
DOUS SÍMBOLOS.- Trátase ademáis de dous galegos con grande peso específico na historia. Castelao, nado en Rianxo no ano 1886, é símbolo do galeguismo por excelencia. Definir a Castelao non é doado, estamos diante dun escritor, pensador, político, humorista, debuxante... É un artista e un intelectual que constitúe un claro referente en diversos eidos culturais e de pensamento na Galiza. A súa figura tórnase máis significativa diante da relevancia do voto exterior nestes comicios electorais que van definir o vindeiro goberno da
Xunta de Galicia. Non se pode esquecer que Castelao morreu no seu exilio boneaerense na Arxentina en 1950. Agora a quinta provincia converteuse un lugar clave para decidir o futuro da comunidade autónoma galega.
O ferrolán Pablo Iglesias (Ferrol 1850-Madrid 1925) foi un activista do mundo obreiro que fundou no ano 1888 a Unión General de Trabajadores (UGT) e cofundou o Partido Socialista Obrero Español (
PSOE) no ano 1879.
Caso de que esta iniciativa rematara de xermolar, a capital galega sería o esceario escollido para conformar esa cadea humana que iría dende a Alameda a Vite. Dese xeito dous galegos ilustres, Castelao e Pablo Iglesias, collerianse das mans a través dos galegos de hoxe en día.
UN ACTO NON PARTIDISTA.- Na rede califican a cita como un acto "non partidista aberto a todos os cidadáns e que sirva para poñer de manifesto a nosa vontade de cambio. Sería este próximo domingo, 26 de xuño, na véspera do reconto definitivo do voto da emigración", explican no sitio web http://pawley.blogalia.com/historias/31004.
FRAGAGA.ORG PUBLICA CARTEIS.- Unha das webs máis activas a prol do cambio durante a campaña electoral, fragaga.org, e tamén agora un dos sitios que se ten apuntado á esta proposta xurdida na Rede. Neste sitio web falan da convocatoria coma "un acto cívico no que a cidadanía se autoconvoca para festexar o cambio que saiu das urnas o 19X, pase o que pase na quinta provincia". A aportación de www.fragaga.org inclúe a publicación en Internet material gráfico sobre a cita, é o caso de carteis para difundir a convocatoria.
Pero as páxinas web que falan da convocatoria son aínda máis.
Xornal.com ten coñecemento da iniciativa a través de sitios tales como: http://www.casatlantica.blogspot.com, www.vieiros,com, www.arredemo.info, http://todonada.blogsome.com,http://pawley.blogalia.com/historias/31004 e
http://www.paleon.net/bitacora.