Una empresa coruñesa deseña unha envolvente estética para transformadores

Na actualidade a demanda de suministro eléctrico nos cascos urbanos é cada vez maior. Isto implica non só aumentar a capacidade dos centros de transformación, senón tamén achegalos cada vez máis ao punto de consumo como medida para mellorar a calidade do servizo. Neste contexto desenvolve o seu traballo Twelcon, unha empresa coruñesa que está a levar adiante un proxecto innovador que consiste no deseño e desenvolvemento dun centro especial de transformación urbano (CeTur).
Xornal.com - clásica 05/07/2005 - 13:31 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I A Coruña.- A novidade da iniciativa está en dotar aos centros de transformación dunha envolvente estética que repercutirá positivamente na integración do centro no seu entorno e na amortización do custo da instalación ao incorporar publicidade. O proxecto conta cunha axuda económica do Plan Galego de I+D+I a través do programa de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións. Un total de 125 compañías de todo o mundo xa amosaron o seu interese en adquirir o produto.

Hoxe en día existen tres opcións para montar un centro de transformación cun menor impacto visual: instalalo na superficie cunha envolvente de formigón, facelo subterráneo ou colocalo en pequenos locais dentro dos edificios. Sen embargo, e segundo explica Juan García-Fuentes, director xerente de Twelcon, todas estas alternativas presentan algún inconvinte. "As instalacións en superficie teñen unha apariencia eminentemente industrial e son obxecto de frecuentes ataques vandálicos.

As subterráneas, aínda que ofrecen unha solución óptima dende o punto de vista óptico, teñen un custo moi elevado e son facilmente inundables; ademáis, e segundo o tipo de enreixado que se utilice, poden chegar a ser molestas para os viandantes. Por último, as instalacións dentro de locais son unha boa solución en canto ao impacto visual, pero resulta moi caro para o promotor reservar un espazo nunha zona preferencial e pode causar molestias para os veciños dada a súa proximidade ás zonas habitables", asegura.

UN ARMARIO.- O CeTur preséntase como unha alternativa a estes sistemas. Consta dun habitáculo a modo de armario no que se instalan todos os compoñentes que constitúen un centro de transformación eléctrica compacto composto por: un transformador, celdas, cadro de baixa e cadro de telecontrol. A principal innovación está na súa envolvente estética, con forma de seta oval e a modo de soporte publicitario. As dimensións do CeTur son moi reducidas, xa que ocupa 3 m2 de pranta e ten unha altura inferior aos tres metros. En definitiva, un elemento "que pode ser totalmente asimilable como parte do mobiliario urbano", segundo asegura Juan García-Fuentes.

REDUCE O IMPACTO VISUAL E OFRECE SERVIZOS ENGADIDOS.- A envolvente estética dota ao CeTur dunha grande vantaxe como é a posibilidade de adaptarse ao entorno. Isto é importante en zonas especialmente sensibles como son os cascos históricos, onde se pode personalizar o deseño do CeTur para mellorar a súa integración visual. Juan García-Fuentes explica que "podémoslle dar ao teito un aspecto de cobre envellecido ou de fundición de ferro; as portas poden ir en gris cinza e o resto en aceiro, e tamén estamos estudando a posibilidade de darlle un acabado final en madeira". O director xerente de Twelcon matiza, sen embargo, que isto pode aplicarse non só para casos tan específicos como os cascos históricos, xa que "o CeTur pode adoptar as cores que o cliente estime oportunas", declara.

O CeTur actuará ademais como unha nova fonte de ingresos até o de agora descoñecida nos centros de transformación convencionais, ao incorporar publicidade e ofrecer servizos adicionais aos cidadáns. O modelo básico componse de catro espazos normalizados para publicidade iluminados dende o interior con lámparas fluorescentes. A partir desta configuración básica as cabeceiras restantes poden empregarse para outros usos entre os que figuran os locutorios telefónicos, unha pantalla táctil de ordenador para un futuro punto de información multimedia con acceso a Internet, un expendedor de prensa, un revelador de cámaras dixitais ou calquer outro tipo de máquina expendedora. Juan García-Fuentes asegura que, nun futuro, "pode adaptarse a posibles demandas de novos servizos na rúa como puntos de información cidadán para a localización de museos, zonas de ocio, policía e Cruz Vermella, entre outros".

O feito de incorporar publicidade constitúe unha nova área de negocio que contribúe á amortización dos custos da instalación, e así o asegura Juan García-Fuentes: "Na actualidade, un centro de transformación normal tarda máis de vinte anos en recuperar a inversión. Cos ingresos que se obteñan pola explotación da publicidade que incorpore o CeTur o retorno da inversión pode reducirse de tres a cinco anos. E isto sen contar cos ingresos dos equipos que se instalen na construcción, xa que entón o período de recuperación da inversión reducirase aínda máis", afirma. Outra vantaxe do CeTur está na montaxe, que Juan García-Fuentes califica de "rápida e fácil. En pouco máis dun día, cun camión grúa, dous operarios e un supervisor o CeTur queda correctamente instalado".

125 COMPAÑÍAS ESTÁN INTERESADAS NO PRODUTO.- Dende Twelcon aseguran que teñen entre máns "unha gran novidade a nivel mundial para o sector", cunhas posibilidades de explotación "case infinitas". Na actualidade, o produto xa está patentado en máis de 30 países de todo o mundo. Cos resultados do estudo na man os seguintes pasos serán fabricar o CeTur para ofrecerllo ás diferentes compañías eléctricas e fabricantes de transformadores e estudar a posibilidade de establecer acordos con grandes empresas interesadas na súa explotación para determinados países que están fora do alcance comercial da empresa coruñesa. Nestes momentos teñen listos tres prototipos e, despois do verán, porán en marcha unha pequena cantidade de equipos –entre cinco e dez- que enviarán dun xeito experimental a algunhas compañías que xa os solicitaron.

Na actualidade, a empresa coruñesa estableceu contactos con 125 compañías de todo o mundo que xa amosaron o seu interese por adquirir o producto. Empresas como a eléctrica italiana ENEL e compañías de países como Holanda, Canadá, Bélxica, Australia, Chile e Inglaterra. De feito, Juan García-Fuentes asegura que hai máis interese por este proxecto no exterior que aquí e cre que é "moi probable" que os primeiros deseños do CeTur se coloquen fóra de España. "Países árabes, como DuKuwait, amosaron un grande interese polo produto, pero son lugares que coidan moito a estética e que non lles preocupan os cartos. Sen embargo chámanos moito a atención que teñamos peticións de ofertas dende sitios como Paquistán ou Yemen", asegura.

Twelcon é unha empresa ubicada na cidade da Coruña que está especializada no deseño e desenvolvemento de solucións a medida para os sectores de enerxía eléctrica, telecomunicacións e enxeñería. Creouse no ano 1987, conta con seis empregados e a súa facturación anual ronda o millón de euros.
Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad