Política Lingüística busca a colaboración de Mesa para potenciar o galego

A secretaria xeral de Política Lingüística, María Sol López Martínez, reuniuse esta mañá no seu despacho de San Caetano co presidente e a secretaria da Mesa pola Normalización Lingüística (MNL), Carlos Callón e María José Fajardo, respectivamente, con quen acordou manter unha colaboración fluída para traballar a prol da lingua e da súa normalización.
Xornal.com - clásica Actualizado 28/09/2005 - 09:08 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Santiago.- Durante a xuntanza, que se desenvolveu nun clima de cordialidade, a secretaria xeral escoitou a análise dos membros da MNL sobre a situación da política lingüística galega e coincidiu con eles en que é necesario cambiar bastantes aspectos nesta materia, se ben María Sol López Martínez lles transmitiu que cómpre tomar un tempo para deseñar a nova política con calma.

Asemade, os membros da MNL estiveron de acordo coa secretaria xeral en que o punto de partida da nova política lingüística debe ser o actual Plan Xeral de Normalización, a partir do cal se debe estudar cómo se empeza a traballar e se definen as prioridades nesta materia.

Na reunión tamén se abordou a situación do Centro Ramón Piñeiro, sobre o que a María Sol López Martínez manifestou que cumpre unha función de normalización cos labores de investigación que desenvolve.

Finalmente, a secretaria xeral e os membros da MNL acordaron manter o contacto nos temas importantes que afecten á lingua galega, así como colaborar para traballar a prol da normalización da lingua galega.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad