Repsol YPF vai traducir a súa web ó galego coa axuda de Política Lingüística

Repsolypf.com traducirá ao galego todos os seus contidos, dentro da estratexia de achegamento aos usuarios que está desenvolvendo a compañía enerxética. Representantes desta empresa, encabezados polo responsable do portal web, Fernando Soler, mantiveron onte unha xuntanza coa secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, para darlle a coñecer este proxecto e para solicitar a colaboración da administración autonómica en materia de asesoramento lingüístico.
Xornal.com - clásica Actualizado 04/11/2005 - 10:58 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Santiago .- A páxina web, que na actualidade ten arredor de 50 mil usuarios galegos rexistrados, vaille dar cabida tamén a partir de setembro do ano que vén a contidos específicos de Galicia para resultar de maior interese aos internautas da comunidade autónoma. Así, repsolypf.com proporcionaralles aos usuarios información en galego sobre a actividade da súa refinería situada en Bens, na Coruña; tamén introducirá datos sobre o turismo e a gastronomía da zona e achegará ademais información de carácter ambiental. Outra das novidades que vai poñer en marcha este portal web será a introdución de enlaces coas páxinas web de diferentes concellos galegos e doutros sitios de interese.

Para desenvolver este proxecto vaise renovar tecnoloxicamente o portal, instalando un novo xestor de contidos. A renovación producirase no outono de 2006 e farase de forma simultánea en catalán, galego e eusquera. Na primeira toma de contacto entre os responsables de Repsol YPF e a secretaria xeral abordouse a posibilidade de asinar, no vindeiro exercicio, un protocolo de colaboración no que se defina o tipo de asesoramento técnico que podería prestar o departamento autonómico para a galeguización da páxina web.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad