O CPXG organiza as unhas xornadas sobre violencia de xénero e comunicación
O Concello de Lugo organiza, entre o 23 e o 26 de novembro, as `IV Xornadas sobre Violencia de Xénero´. Nese marco, o CPXG organiza, por medio do Observatorio Galego dos Medios, a II edición das xornadas `Violencia contra as Mulleres e Medios de Comunicación´, que se van celebrar o sábado 26 de novembro.
Xornal.com - clásica
Actualizado 19/11/2005 - 12:19 h.
XORNAL I Lugo.- Esta II xornada é a continuación da celebrada en Santiago de Compostela o ano pasado, que se adicou á violencia contra as mulleres. O resultado daquela xuntanza foi a asinatura, o 16 de outubro de 2004, da `Declaración de Compostela´, que recolle unha serie de pautas para o correcto tratamento informativo da violencia contra as mulleres.
Nesta ocasión abordarase outro tipo de violencia, cun lugar menos destacado nas axendas informativas. Vaise falar de temas como a prostitución, a violencia contra as nenas, ou o acoso laboral ás mulleres, relacionados co tratamento informativo que reciben nos medios de comunicación.
A xornada arrinca ás 9 da mañá e contará na apertura co Decano do CPXG, Xosé Manuel Vega. A continuación tomará a palabra Isabel Menéndez Menéndez, especialista en xénero e medios de comunicación. A seguinte ponencia céntrase no tratamento informativo da violencia sexual contra as mulleres. Intervén Natalia Farnández, profesora na Universidade Autónoma de Barcelona. Rematando, haberá unha mesa redonda, seguida dun coloquio aberto, en torno ó epígrafe `Violencia contra as mulleres, realidade múltipla e invisíbel´. Participan representantes de Alecrín, do Centro de Información á Muller de Vigo, do Seminario Galego de Educación para a Paz e de Andaina, revista de pensamento feminista.
As xornadas organizadas polo Concello de Lugo están centradas na violencia de xénero. Para afondar nela vanse centrat da nova lei orgánica de violencia de xénero, do maltrato en mulleres xitanas e discapacitadas, e na violencia nas aulas. Dentro das xornadas, a artista Luz Darriba planea encher a Praza da Santa María de luvas negras e brancas nun orixinal proxecto chamado `Guante negro, guante branco´. Farase coincidindo coa celebración do `Día Internacional contra a Violencia contra as Mulleres´, a partir das 9 da mañá.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.