Tempo Exterior, a revista do IGADI, analiza o voto das diásporas

Unha ampla reflexión sobre os mecanismos electorais das diásporas ocupan a atención de Tempo Exterior Nº 11, revista especializada na análise da política e as relacións internacionais, editada polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI, que neste 2006 cumpre o seu XV aniversario. Segundo o seu director, Xulio Ríos, “o momento semella especialmente idóneo, xa que o goberno español ven de aprobar unha iniciativa lexislativa que propón algúns cambios na regulación do voto emigrante, un sufraxio rodeado de polémica”.
Xornal.com - clásica Actualizado 16/01/2006 - 19:59 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I A Coruña.- Nesta ocasión, trátase de analizar a natureza e evolución da participación política das diásporas israelita (Natan Lerner), portuguesa (António Filipe Rodrigues), caboverdiana (Katia Cardoso), italiana (Andrea Lanzi) e mexicana (Luciano Concheiro Bórquez e Raúl Ross Pineda), tomando en conta a perspectiva da representatividade política das diásporas nun escenario global. Neste sentido, detállanse os significativos cambios que se están a rexistrar en diferentes países, a fin de incorporar os emigrantes á vida política dos seus países de orixe.

Como segundo tema de análise, Tempo Exterior Nº 11 introduce o audaz xiro político que vive América Latina, descifrando as súas realidades e enigmas (Ernesto Carmona); as transformacións e consecuencias que se derivan para as súas estruturas de integración (Modesto Emilio Guerrero); e cómo se redefine a relación con respecto a EEUU (Marcelo Colussi).

O ascenso de Polonia dentro do escenario europeo tamén ocupa a atención con dous artigos que permiten unha aproximación a este país tralas eleccións lexislativas de setembro pasado (Anxo Collarte) e ás súas potencialidades económicas e comerciais (Pablo Penas Franco). Outros artigos afondan, dun xeito crítico, ons mecanismos actuais da cooperación descentralizada (Susana Ruíz Seisdedos); cómo Iraq é o laboratorio do Pentágono para elaborar unha doutrina informativa acorde cos seus intereses (Andrés Freire); ou a cuestionada vixencia de conceptos tradicionais como soberanía e gobernabilidade estatal dentro dun mundo globalizado e en permanente transformación (Raimundo Viejo Viñas).
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad