O BNG denuncia un ataque a un militante no Val Miñor

O BNG pedirá a intervención do ministerio de Interior a través da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, ante "a vaga de violencia que están a sufrir os nacionalistas nos concellos do Val Miñor". Segundo indican dende o BNG, onte, día 9, "foi agredido un militante do BNG de Gondomar, acción violenta que vén sumarse aos ataques ao patrimonio sufridos por David Giráldez, portavoz nacionalista en Nigrán, e Domingos Solla, vocal na Entidade Local de Morgadáns (Gondomar)". A Executiva Nacional advirte que non vai dar un paso atrás na súa loita contra a "marbellización" de Galiza.
Xornal.com - clásica Actualizado 10/02/2006 - 14:16 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I A Coruña.- O BNG demanda ao Ministerio do Interior que axilice as investigacións conducentes a "esclarecer a eventual trama de especuladores que se oculta tras as agresións". Manuel Pereiro Pérez, militante do Bloque en Gondomar e concelleiro na anterior lexislatura, "foi golpeado tras interesarse por se un aterramento na parroquia de Vincios posuía ou non licenza municipal. Esta agresión xa foi denunciada, incluíndo un parte de lesións que informa da posíbel perda parcial ou total de audición nun dos ouvidos".

Henrique Viéitez, responsábel comarcal de Vigo, acusa "aos gobernos do PP nos tres concellos do Val Miñor (Nigrán, Gondomar e Baiona) de deixar de exercer as súas competencias” en materias de urbanismo e medio ambiente, o que ocasiona que a violencia se dirixa aos que denuncian as infraccións ante a pasividade dos alcaldes populares". Segundo explicou Viéitez, "o responsábel do aterramento ilegal dispuña do permiso verbal dun concelleiro do PP para realizar esta obra".

A Executiva Nacional do BNG afirma que a formación nacionalista continuará a súa loita por un urbanismo sustentábel que respecte o medio ambiente. Os nacionalistas galegos “non deixarán que os fagan calar” e continuarán o seu combate contra a “marbellización” da costa galega.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad