A Fundación Carlos Casares acolle un Obradoiro de Escritura para Inmigrantes

Hoxe xoves 9 de marzo, ás 19.30, terá lugar na sede da Fundación Carlos Casares en Vigo (Rúa Elduayen nº 36, 2º andar) a presentación do ‘Obradoiro de Escritura Creativa para Inmigrantes’, unha nova proposta desta Fundación que pretende continuar así a experiencia iniciada durante o ano 2005 dos seus ‘Encontros de Inmigrantes’.
Xornal.com - clásica Actualizado 09/03/2006 - 13:49 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Vigo .- No acto de presentación intervirán Pedro X. Blanco Llano, xerente da Fundación Carlos Casares, e Carmen Sampedro, directora do Obradoiro, xornalista e escritora de orixe bonaerense afincada en Vigo dende o ano 2002, que concentra a súa actual actividade profesional nos problemas das mulleres e o universo da inmigración, materias sobre as que dirixiu obradoiros e impartiu conferencias.

O motivo deste obradoiro está na necesidade común que persoas de diversas orixes teñen de expresarse mediante a palabra escrita, contando experiencias e sensacións como forma de esclarecer e reinterpretar os sentementos complexos que agroman co cambio cara unha nova vida, polo que precisan das ferramentas literarias e a orientación para contar de xeito acaído o que se pretende expresar.

Nas diferentes xuntanzas que se sucederán, transmitare o coñecemento dos diferentes xéneros literarios e a súa evolución, facendo aportacións para o debate dos microxéneros, estimulando a capacidade de síntese, seleccionando a información e impulsando a que cada participante atope a súa propia expresividade, ton e estilo á hora de escribir.

Entre os obxectivos deste ‘Obradoiro de Escritura Creativa’ está o de promover o intercambio de historias vividas e axudar a expresarse mediante a escrita, así como afortalar a autoestima dos inmigrantes, a miúdo crebada polos dolos, as perdas e a presión de se establecer nunha sociedade allea que, aínda aberta e xenerosa, non aminora a certidume de ser extrano nela nin o desafío dun longo camiño por percorrer para se integraren.

A inscrición no Obradoiro, que terá lugar todos os xoves dos meses de marzo, abril, maio e xuño ás 19.30 horas na sede da Fundación Carlos Casares, é de balde e emitirase un certificado de asistencia ao remate do mesmo.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad