RTVE deixa fora a Galicia do plan de excepcións para Cataluña e Canarias

A dirección de RTVE deixará fora a Galicia das fórmulas que busca para manter a actividade dos centros de producción de Televisión Española en Cataluña e Canarias, que se verán fortemente afectados polo plan de reconversión deseñado pola Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI).
Xornal.com - clásica Actualizado 18/03/2006 - 21:32 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I A Coruña.- As emisións en galego na TVE-G veranse reducidas aínda máis, ficando relegadas a unha franxa de media hora de luns a venres. Esta é unha das consecuencias da decisión de RTVE de reducir a actividade dos seus centros territoriais. Segundo o ente público, este é o único xeito de reducir a débeda que arrastra e que ascende a uns 7.551 millóns de euros e que podería situarse nos 8.000 millóns ao rematar o ano.

O plano elaborado conxuntamente coa Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), inclúe a desaparición en Galicia do informativo das oito e media de La 2 e tamén a programación cultural, que de todos os xeitos xa vira reducida a súa presenza nos últimos anos pasando dunha hora e media de duración a tan só un cuarto de hora.

Polo tanto, segundo explica tamén A Nosa Terra, o programa de entrevistas a escritores galegos ou outro de libros como Fiestra Cultural, pasarán á historia. Tamén podería deseparecr o xa mítico programa dos sábados ás dez da noite, na fin de semana, titulado "Desde Galicia para el mundo", no que ademais de entrevistas a personaxes, víñanse emitindo distintas reportaxes sobre lugares de Galicia e documentais. Este programa ten subvención da Xunta.

A única emisión que seguirá dependendo do centro territorial de Galicia, que conta cun dos arquivos de imaxes máis amplos desta comunidade, será o Telexornal das dúas da tarde, por TVE1. Tamén ser verán afetadas as desconexións informativas galegas e locais de Radio 5, que ademais volverán a emitirse en galego. A nivel estatal esta redución tamén afectará ás emisións de Radio 4 en Cataluña, que se facían integramente en catalán. En Galicia, dita emisora xa fora clausurada na época de Goberno de José María Aznar. Institucións como o Consello da Cultura e asociacións como a Mesa pola Normalización xa amosaron a súa oposición a este conxunto de medidas.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad