A Xunta espera que RTVE en Galicia non renuncie os contidos en galego

O presidente da Xunta fixo unha declaración institucional para pedir que os axusten en RTVE non desmantelen a estructura en Galicia en nos reduzan o uso do galego.
Xornal.com - clásica Actualizado 23/03/2006 - 14:23 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I A Coruña.- O uso do galego, o mantemento das estructuras en Galicia e os contidos sobre esta comunidade na televisión pública española preocupan á Xunta, que fixo un comunicado oficial respecto ó futuro de RTVE. O comunicado di o seguinte:

Os medios de comunicación estatais desempeñan unha función fundamental de servizo público que, entre outros aspectos, inclúe a defensa dunha información próxima ao cidadán e a pluralidade lingüística e cultural que enriquece a sociedade española. Porén, o presidente da Xunta segue con fonda preocupación as novas publicadas sobre o chamado Plan de Saneamento e Futuro do ente RTVE, que, ao parecer, entre outras medidas, prevé a redución das estruturas dos centros e emisoras territoriais, a supresión das desconexións locais e territoriais de Radio 5 Todo Noticias e a redución en dous terzos da emisión diaria de TVE en galego.

Esas medidas propostas chocan frontalmente coa obriga do servizo público de manter unha estrutura territorial e co Plan Xeral de Normalización Lingüística, que foi aprobado por unanimidade dos tres grupos políticos con representación no Parlamento de Galicia e que establece como prioridades a negociación con TVE para o incremento das horas de emisión na lingua galega e a recuperación de Radio 4 como emisora de RNE que emitía integramente en galego.

En consideración do anteriormente dito, o presidente da Xunta de Galicia manifesta:

1º. Que as medidas que se adopten na dirección de dotar dunha mellor solidez económica e financeira a RTVE, non menoscaben o mantemento dunha estrutura territorial que responda ás necesidades autonómicas e locais.

2º. Que non se esqueza a función de servizo público que, por mandato constitucional, desenvolve RTVE. Ese compromiso implica, nunha comunidade histórica como Galicia, que posúe lingua e cultura propias, a decidida promoción do coñecemento, uso e normalización do idioma galego. Así mesmo, RTVE debe ofrecer resposta, como recoñeceu o presidente do Goberno da nación, ás necesidades informativas de ámbito local, autonómico e estatal cun cadro de persoal axeitado a este fin.

3º. Que a redución ou eliminación do número de horas de emisión diaria en lingua galega suporía un retroceso histórico nos medios de comunicación públicos e unha grave mutilación da pluralidade lingüística e cultural de España.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad