O diario vermello de Flanagan
Nesta obra de Andreu Martín y Jaume Ribera publicada por Editorial Galaxia nárranse as primeiras experiencias sexuais de Flangan, un adolescente que comeza abrirse ao mundo, as primeiras dúbidas tamén.
Xornal.com - clásica
Actualizado 07/04/2006 - 13:55 h.
XORNAL I A Coruña.- Animado pola súa amiga -e algo máis que amiga- Carlota, Flanagan empeza a escribir un diario no que recolle as súas primeiras experiencias sexuais, as súas dúbidas e os seus descoñecementos neste ámbito. Porque falar de sexo é moi importante. Tan importante como saber o que pode representar manter unha vida sexual plena, satisfactoria e responsable.
Andreu Martín e Jaume Ribera conforman a parella de narradores que, desde o comezo da saga literaria protagonizada por Flanagan, deron vida ás aventuras deste detective adolescente que xa conta por milleiros o número dos seus lectores. Bos coñecedores da novela negra e de intriga, os dous autores teñen unha importante traxectoria como narradores, cada un pola súa banda. Andreu Martín naceu ás 9 da noite dun 9 de maio de 1949 en Barcelona. Quizais a marca do nove determinase a súa temperá vocación literaria e a súa preferencia pola novela policíaca, que ten combinado cunha intensa dedicación á novela xuvenil e á literatura erótica. Jaume Ribera naceu en Sabadell en 1953 e, xunto á súa preferencia pola novela negra, destaca tamén o seu profundo coñecemento de xéneros como o cómic e a banda deseñada, ámbitos que alterna coa súa dedicación á tradución e á realización de guións para o audiovisual.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.