Domingo, 01 de agosto de 2010 - 10:04 h

O Consorcio Audiovisual terá un stand no mercado Sunny Side of the Doc

O Consorcio Audiovisual de Galicia, baixo a marca Galicia Film Commission, contará cun stand no Sunny Side of the Doc, un dos mercados internacionais de documentais máis importantes de Europa. O certame celebrarase entre os días 27 e 30 de xuño na cidade francesa de La Rochelle.
Xornal.com - clásica 23/04/2006 - 11:43 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Santiago .- O stand do que dispón o Consorcio Audiovisual de Galicia permitirá pór á disposición das produtoras galegas interesadas un espazo axeitado para a realización de encontros e reunións entre compradores, produtores, xornalistas e profesionais do sector. O stand estará integrado no espazo chamado European Spot, xunto con outras delegacións como Catalan Films & TV, o Goberno do País Vasco, PromoMadrid ou Extenda.

Esta é a primeira vez que o Consorcio Audiovisual de Galicia acode con stand propio a un mercado internacional específico deste xénero, logo de ter participado no certame MERCADOC de Málaga. Esta actividade, enmarcada dentro do Plan de Actividades 2006 e no Plan de Internacionalización do Audiovisual Galego, ten como obxectivo fundamental promover e facilitar a asistencia e a participación dos documentais galegos nun mercado internacional de referencia.

PARTICIPACIÓN DE PROFESIONAIS.- Todos aqueles profesionais que estean interesados en asistir, baixo o paraugas do Consorcio Audiovisual de Galicia, ao Sunny Side of the Doc deberán facer unha solicitude de rexistro antes do vindeiro día 1 de maio. Na pasada edición, a correspondente ao ano 2005, foron 2.000 os profesionais asistentes a este certame internacional de documentais, procedentes de máis de 50 países de todo o mundo. En total, participaron 119 cadeas de televisión e máis de 300 compradores e responsables de distintos proxectos que se estaban a desenvolver.
Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad