Carlos G. Reigosa recupera 'Oxford, amén'

Na colección Xerais de Narrativa intégrase a obra de Carlos G. Reigosa 'Oxford, amén' un volume con 392 páxinas que sae ao mercado ó prezo de 18,00 €. O libro vai contar cun acto de presentación en A Coruña da man da Real Academia Galega e Edicións Xerais de Galicia. Será o vindeiro 3 de maio. O acto, que contará coa participación de Xosé Ramón Barreiro, Dolores Vilavedra, Manuel Bragado, e o autor, terá lugar ás 20,00 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega, Tabernas, 11 da Coruña.
Xornal.com - clásica 01/05/2006 - 08:43 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I A Coruña.- Carlos Mosqueiro, que acaba de sacar o título de Ciencias Políticas, sen avisar a pais nin noiva, abando-na Madrid en tren e cruza cidades, países e mares en busca de algo que descoñece. Tras unhas xornadas nunha comuna londiniense, será en Oxford onde se enfrontará coa súa soidade.

Oxford, amén foi a primeira novela publicada en 1982 por Carlos G. Reigosa. A presente edición galega constitúe a recuperación dunha obra recibida de forma entusiasta pola crítica: “Un libro duro, frío, ambiguo, incluso roto, acerca da viaxe, o caos e a noite do futuro que chegou” (Alfredo Bryce Echenique). “Así como a inesquecible novela El Jarama de Sánchez Ferlosio foi a gran novela dos anos cincuenta e sesenta, Oxford, amén é a das dúas décadas seguintes” (Juan María Gallego Tato). “Reigosa é o noso Ke-rouac e Oxford, amén é o On the road que ata agora non tiñamos” (Perfecto Conde). “Un profundo diálogo cos mitos da rebeldía xuvenil de todos os tempos” (Francisco J. Satué).

SOBRE CARLOS G. REIGOSA.- Carlos G. Reigosa (Pastoriza, 1948). Licenciado en Ciencias da Información e Ciencias Políticas. Xornalis-ta e membro do Consello Asesor da Fundación do Español Urxente (Fundeu). Como narrador ten publicadas as seguintes obras: Oxford, amén (1982, Xerais 2006), novela; Homes de tras da Corda (Xerais 1982, 2000), relatos; Conversas de Carlos G. Reigosa con Gonzalo Torrente Ballester (1983); Crime en Compostela (Xerais 1984, 2005), Premio Xerais de novela; As pucharcas da lembranza (Xerais 1985), relatos; Irmán Rei Artur (Xerais 1986, 2000), relatos; O misterio do barco perdido (Xerais 1988, 2005), novela; Os outros disparos de Billy (Xerais 1991); A guerra do tabaco (Xerais 1996, 2005), novela; Narcos (Xerais 2000), novela, Premio Benito Soto 2001; e Intramundi (Xerais 2002), novela. Ademais publicou varios libros de investigación e ensaio xornalístico, entre eles, Fuxidos de sona (Xerais 1989), reportaxe; Doutor Livingsto-ne, supoño (Xerais 1998), ensaios, e O regreso dos maquis (Xerais 2004), reportaxe.
Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad