Domingo, 01 de agosto de 2010 - 9:55 h

As curtametraxes galegas van ser promocionadas en Latinoamérica

O Consorcio Audiovisual de Galicia promocionará as curtametraxes galegas en Venezuela, Colombia e Arxentina.

Participará co programa CURTAS 05 na Rede MECAL de difusión de curtametraxes en América Latina.
Xornal.com - clásica 14/05/2006 - 18:59 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Santiago .- O Consorcio Audiovisual de Galicia-Galicia Film Commission, dentro do Plan de promoción das curtametraxes galegas, vai participar co seu programa CURTAS 05 na Rede MECAL de difusión de curtametraxes en América Latina, unha iniciativa que xurdiu hai tres anos a partir do Festival Internacional de Curtametraxes de Barcelona. Con esta acción preténdese ampliar horizontes neste xénero e achegar a produción autonómica de curtametraxes ao continente americano, contribuíndo desa maneira ao coñecemento e difusión da cultura galega.

Esta iniciativa contará con proxeccións en países como Venezuela, Colombia e Arxentina. A duración estimada en cada país é de 10 días e estarán distribuídas ao longo do ano. As sesións levaranse a cabo en varias cidades dentro de cada país, como a capital e outras cidades principais.

En Venezuela, onde xa está cerrada a xira, preséntase o seguinte programa para xuño deste ano:

Luns 12: entrevistas con periodistas e encontro con xente do cine venezolano dentro do Festival de Cine Europeo de Venezuela Euroscopio, en Caracas.

Martes 13: charla e proxección das curtas en Caracas dentro do mesmo festival.

Mércores 14: presentación das curtas na Universidade de Caracas.

Xoves 15: charla e proxección das curtas en Maracaibo.

Venres 16: charla e proxección das curtas en Mérida.

No ano pasado en Colombia, realizouse unha xira nas cidades de Medellín, Cali, Barranquilla, Manizales e Bogotá, onde máis de 8.000 persoas asistiron ás distintas sesións e se proxectaron un total de 30 pezas, tanto de ámbito español como europeo, ademais de dúas sesións de documentais con 11 traballos curtos.
Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad