O Consorcio Audiovisual de Galicia conta cun orzamento de 1.500.000 euros

O presidente do Consorcio Audiovisual de Galicia e secretario xeral de Comunicación da Xunta, Fernando Salgado, deu conta do orzamento co que conta o Consorcio para o actual exercicio, que ascende a un millón cincocentos mil euros. O Consorcio Audiovisual aprobou hoxe a memoria de actividades e as contas do ano pasado. Salgado definiu este ano do Consorcio como “o primeiro efectivo xa que ata ese ano tivo unha vida irregular”.
Xornal.com - clásica Actualizado 13/06/2006 - 17:56 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Santiago.- Entre os obxectivos do Consorcio, Salgado destacou o papel de potenciación do sector audiovisual de Galicia. Destacou que o sector se está a consolidar, o que se aprecia en tres aspectos. Por unha banda, tense configurado como ferramenta de consenso dentro do sector e da Administración. Por outra, destaca a importante aceptación e respaldo nos medios de comunicación. Por último, Salgado subliñou a valoración do audiovisual galego a nivel nacional e internacional.

O Consorcio Audiovisual de Galicia gastou a ano pasado 1.222.000 euros, o que supón un 170% máis que o presuposto inicial, que foi posible grazas á incorporación de remanentes non gastados de exercicios anteriores ademais da ampliación de ingresos.

Do total do orzamento co que conta o Consorcio, o seu presidente explicou que “case un millón de euros” se destinaron ao plan de actividades baseado na promoción exterior e na formación dos axentes do sector.

En canto á producción exterior, o Consorcio “navega polo mundo” a través da marca Galicia Film Comission, encargada de apoiar ao sector galego en mercados internacionais coa presenza nos 11 festivais máis importantes do mundo no sector audiovisual. A segunda das funcións céntrase na captación de rodaxes en Galicia.

Dentro da promoción exterior está o plan de internacionalización do que salientan a promoción de xéneros concretos como curtametraxes ou a consolidación das relacións con Arxentina e Cataluña a través de programasa como Raíces.

Fernando Salgado salientou que o plan de formación está “consensuado co sector” e que “cubre as necesidades formativas en toda a cadea de valor” do sector audiovisual. Dentro deste plan destacou a creación do programa Audiovual nas Aulas, instalado xa en 40 centros públicos, e a realización do I Encontro sobre Educación Audiovisual.

Tamén se presentou a primeira auditoria feita ao Consorcio. Este estudo analiza o pasado exercicio e desprende resultados favorables.

Para os vindeiros meses preténdese afondar nas liñas de actuación descritas nas bases do Corsorcio achegándose aos problemas do sector audiovisual galego. Os plans de formación sectoriais e o plan de internacionalización básico para o desenvolvemento do sector audiovisual galego serán os eixos sobre os que pivotará a actuación deste organismo.

O secretario xeral de Comunicación estivo acompañado no acto polo director-xerente do Consorcio, Nacho Varela, e polo director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad